Úlster é tamén o nome do dialecto do idioma irlandés orixinario desta parte da illa. Tradicionalmente era un núcleo de falantes de gaélico, xunto a Escocia e a Illa de Mann. Hoxe a gran maioría da poboación da provincia fala inglés; o irlandés é o segundo idioma máis falado. Segundo o Censo de Irlanda do Norte de 2011, aproximadamente o 10 % dos habitantes desta rexión ten un coñecemento xeral do idioma irlandés e o 4,7 % da poboación pode falar, escribir, ler e entender o idioma.[2]