«Uh, jeg ville ønske jeg var dig» (en galego: «Oh, desexaría ser ti») é unha canción composta por Otto Lington e interpretada en dinamarqués por Birthe Wilke.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Philips Records.[2] Foi elixida para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1959.[3][4]
«Uh, jeg ville ønske jeg var dig» cualificouse para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1959.[3]
A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada pola cantante dinamarquesa Birthe Wilke.[4] A orquestra foi dirixida por Kai Mortensen.[5]
Foi interpretada en segundo lugar, seguindo a Francia con Jean Philippe interpretando «Oui, oui, oui, oui» e precedendo a Italia con Domenico Modugno interpretando «Piove». Ao final das votacións, a canción recibiu 12 puntos, obtendo o quinto posto de 11.[6]