«Det var en yndig tid»
|
|
Sinxelo de Katy Bødtger
|
Lanzamento
|
1960
|
Formato
|
Disco de vinilo 7"
|
Gravada
|
1960
|
Xénero musical
|
|
Lingua(s)
|
Dinamarqués
|
Duración
|
|
Discográfica
|
Polyphon
|
Produtor(es)
|
|
Escritor(es)
|
Vilfred Kjær (música) Sven Buemann (letra)
|
Miscelanea
|
{{{miscelanea}}}
|
«Det var en yndig tid» (en galego: «Era unha época encantadora») é unha canción composta por Vilfred Kjær e interpretada en dinamarqués por Katy Bødtger.[1] Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Polyphon.[2] Foi elixida para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión de 1960 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1960.[3][4]
Festival de Eurovisión 1960
Selección
«Det var en yndig tid» cualificouse para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión 1960 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1960.[3]
No festival
A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada pola cantante dinamarquesa Katy Bødtger.[4] A orquestra foi dirixida por Kai Mortensen.[5]
Foi interpretada en cuarto lugar, seguindo a Luxemburgo con Camillo Felgen interpretando «So laang we's du do bast» e precedendo a Bélxica con Fud Leclerc interpretando «Mon amour pour toi». Ao final das votacións, a canción recibiu 4 puntos, obtendo o décimo posto de 13 xunto a Suecia.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos