O Trofeo Teresa Herrera de 1953 foi a oitava edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 6 de setembro de 1953 a partido único. O campión foi o Real Madrid CF, que derrotou por 8-1 ao desaparecido Toulouse FC, na maior goleada da historia do torneo.[1][2]
Inicialmente o rival do Real Madrid ía ser o First Vienna FC de Austria, pero ao non chegar a bo porto esta opción, contratouse ao Toulouse, por mediación do intermediario madrileño Luis Guijarro. A pesar de que Guijarro anunciou que o equipo francés, que acababa de ascender á Primeira división, chegaría cunha selección de estrelas de varios equipos do país,[3] a realidade foi que o equipo que chegou á Coruña foi a formación suplente do Toulouse, quedando os titulares en Francia para xogar a xornada de liga, e completado con xogadores suplentes doutros equipos franceses.[4]
O torneo foi considerado un fracaso e o engano de Guijarro provocou un gran enfado da comisión organizadora liderada por Cristino Álvarez.[5][6]
Participantes
Partidos
Final
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas