O Trofeo Teresa Herrera de 1957 foi a duodécima edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 16 de xuño de 1957 a partido único. O campión foi o Vasco da Gama brasileiro, que derrotou por 4-2 ao Athletic Club.[1][2][3]
A vitoria do Vasco supuxo o desquite da segunda edición do torneo, dez anos antes, cando o Athletic derrotou aos brasileiros por 3-2. Ademais foi o terceiro partido do Vasco no Estadio de Riazor, despois de xogar en 1955 fronte ao Deportivo da Coruña un partido de homenaxe a Cuenca.[4]
Participantes
Partidos
Final
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas