Trevor Charles Horn, nado en Durham o 15 de xullo de 1949, é un músico e produtor musical inglés. A súa influencia na música pop e electrónica na década de 1980 foi tal que foi chamado "o home que inventou os oitenta".[1][2]
Horn aprendeu a tocar o baixo a unha idade temperá e aprendeu por si mesmo a ler música. Na década de 1970 traballou como músico de sesión, construíu o seu propio estudo e escribiu e produciu sinxelos para varios artistas.
Na súa mocidade foi compoñente e fundador da banda británica The Buggles. A canción máis significativa deste grupo é o single "Video Killed the Radio Star", do que se venderon millóns de copias por toda Europa e América. Posteriormente formou parte do grupo Yes. Na actualidade, Trevor Horn é produtor discográfico. Destacan os seus traballos con Frankie Goes To Hollywood, Seal, Robbie Williams e Tina Turner.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas