The Specials, tamén coñecida como The Special AKA, foi unha banda inglesa de 2 tone e ska revival formada en 1977 en Coventry.[1] Despois duns primeiros cambios, a primeira formación estable do grupo estaba composta por Terry Hall e Neville Staple na voz, Jerry Dammers nos teclados, Lynval Golding e Roddy Radiation ás guitarras, Horace Panter ao baixo, John Bradbury á batería e Dick Cuthell e Rico Rodríguez ás trompas. A banda usaba "traxes rude boys da época dos 60 (sombreiros pork pie, traxes de mohair e mocasines)".[2] A súa música combina os ritmos bailables do ska e do rocksteady coa enerxía e actitude do punk.[2] Liricamente, o seu traballo (a miúdo escrito polo compositor principal Jerry Dammers) presentaba abertos comentarios políticos e sociais.
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas