The Shins |
---|
|
Orixe | Albuquerque, Novo México, |
---|
Período | 1996 - actualidade |
---|
Xénero(s) | indie rock, rock alternativo, folk rock, dream pop, indie pop, surf rock |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Interscope, Warner Bros., Sub Pop, Transgressive, Cargo Music |
---|
Membros | James Mercer Yuuki Matthews Jessica Dobson Joe Plummer Richard Swift |
---|
Antigos membros | Neal Langford Mikael Yeung Jesse Sandoval Dave Hernandez Eric Johnson Ron Lewis Martin Crandall |
---|
Artistas relacionados | Flake Music, Scared of Chaka, Fruit Bats, Grand Archives, Modest Mouse, Broken Bells, Captain Go, Starflyer 59, The Intelligence |
---|
Na rede |
---|
shinstagram.theshins.com |
|
The Shins é unha banda estadounidense de indie rock formada en Albuquerque, Novo México no ano 1996. O grupo está composto por James Mercer (voces, guitarra), Joe Plummer (batería), Jessica Dobson (guitarra), Yuuki Matthews (baixo) e Richard Swift (teclados). Na actualidade a banda está baseada na cidade de Portland, Oregón.
A banda fundárona Mercer e o batería orixinal Jesse Sandoval como un proxecto paralelo a Flake Music, que estivo activa dende 1992 ata 1999. O grupo editou dous sinxelos en 7" e un álbum, When You Land Here It's Time to Return, a través de Omnibus Records, e estivo de xira con Modest Mouse cando asinou un contrato con Sub Pop Records. Os dous primeiros discos da banda, Oh, Inverted World (2001) e Chutes Too Narrow (2003), comportáronse comercialmente ben e recibiron a aclamación da crítica. O sinxelo "New Slang" fixo que The Shins chegase ao gran público ao aparecer no filme de 2004 Garden State. Debido a isto, o seu terceiro traballo, Wincing the Night Away (2007), foi un grande éxito para o grupo, chegando ao número 2 da lista Billboard 200 e reciindo unha nomeación para os premios Grammy.
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas