The Psychedelic Furs é unha banda inglesa de post-punk fundada no ano 1977. Liderada polo vocalista Richard Butler e o seu irmán Tim Butler no baixo, The Psychedelic Furs é un dos moitos grupos saídos da escena británica do post-punk. A súa música pasou a través de distintas fases, dun austero art rock inicial a tocar posteriormrnte o new wave e o hard rock.
A banda conseguiu varios éxitos nos seus primeiros anos de carreira, pero gañaron a atención internacional en 1986 cando o cineasta John Hughes usou a súa canción "Pretty in Pink" para a súa película co mesmo nome.
The Psychedelic Furs entraron en hiato en 1991, e os irmáns Butler formaron unha nova banda chamada Love Spit Love. The Psychedelic Furs reagruparíase en 2001 e no presente continúa actuando por todo o mundo.
Discografía
Álbums
Véxase tamén
Ligazóns externas