The Corrs é un grupo irlandés formado por catro irmáns de Dundalk, que combina o folk rock, o pop rock e tamén a canción tradicional irlandesa nas súas composicións. Estiveron temporalmente nunha pausa, mentres Andrea e Sharon levaban a cabo carreiras en solitario (2005-2015). A finais de 2015 publicaron o seu álbum de retorno: White Light; en 2017 publican Jupiter Calling. Actuaron dúas veces en Galicia.
Traxectoria
Ó longo da súa traxectoria levan gravados seis álbums de estudio e numerosos éxitos como Runaway, Only When I Sleep, What Can I Do?, I Never Loved You Anyway, Dreams, Radio, Breathless, ou Summer Sunshine, cos que levan vendido uns 50 millóns de discos en todo o mundo. Tamén posúen o título de membros da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas.
Teñen actuado en numerosos concertos benéficos, como o Prince's Trust en 2004 e Live 8 xunto con Bono en 2005. The Corrs cesou a súa actividade no 2005 debido a que Jim e Caroline preferiron adicarse ás súas respectivas familias, mentres que Andrea e Sharon levan cadansúa carreira en solitario. En xuño de 2015, Andrea anunciou que The Corrs actuaría en directo en Hyde Park o 13 de setembro de 2015 e que estaban en proceso de gravación dun novo álbum.[1][2] O 17 de setembro de 2015, a banda confirmou o seu sexto álbum de estudio, White Light, que sería lanzado en novembro de 2015 e seguido dunha xira en 2016. En novembro de 2017 publican o seu novo álbum: Jupiter Calling, o primeiro sinxelo sae en setembro de 2017: Son of Salomon.
En Galicia
The Corrs estivo en Galicia de xeito profesional en dúas ocasións. A primeira en xullo de 1999, co gallo da celebración dos Concertos da Fin do Milenio do Xacobeo 99. Actuaron na coruñesa praia de Santa Cristina en Oleiros xunto a Mike Oldfield e Luar na Lubre, durante a súa xira mundial coñecida como Talk on Corners World Tour, nun concerto de 60 mil espectadores[3].
Repetiron durante as celebracións do Xacobeo 2004, desta vez cun concerto o 17 de xullo de 2004 no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, durante a xira Borrowed Heaven tour.
Integrantes
Membros principais
Membros ocasionais
(Só como acompañamento. Non saíron nas promocións nin contribuíron nas composicións).
- Anthony Drennan: Guitarra
- Keith Duffy - Baixo e percusión
- Jason Duffy - Batería (substituíndo a Caroline durante o seu embarazo).
Discografía
Álbums de estudio
Álbums recompilatorios
Álbums ao vivo
Xiras e videografía
Xiras
Videografía
Listas de vendas
Ano
|
Título
|
Posición na lista de vendas
|
Premios
|
España
|
Irlanda
|
Reino Unido
|
Francia
|
Suíza
|
Alemaña
|
EUA
|
Australia
|
Nova Zelandia
|
1995
|
Forgiven, Not Forgotten
|
4
|
1
|
1
|
49
|
37
|
86
|
131
|
–
|
–
|
Reino Unido: Disco de platino
Australia: 9 discos de platino
|
1997
|
Talk on Corners
|
3
|
1
|
1
|
5
|
15
|
9
|
72
|
–
|
1
|
Reino Unido: 9 discos de platino
Australia: 4 discos de platino
|
2000
|
In Blue
|
1
|
1
|
1
|
2
|
1
|
1
|
21
|
8
|
2
|
Reino Unido: 2 discos de platino
Australia: 4 discos de platino
EUA: Disco de platino
|
2004
|
Borrowed Heaven
|
2
|
1
|
2
|
5
|
3
|
2
|
51
|
4
|
8
|
Reino Unido:Disco de prata
|
2005
|
The Corrs Home
|
8
|
1
|
14
|
5
|
7
|
12
|
–
|
44
|
37
|
Reino Unido: Disco de prata
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Álbums ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Videografía | |
---|
Sinxelos | |
---|
Outras cancións | |
---|
Xiras | |
---|