María Teresa Seara Domínguez, nada en Toén en 1968, é unha crítica literaria galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, é actualmente profesora de ensino secundario. Artigos e recensións da súa autoría aparecen periodicamente en A Nosa Terra, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, Festa da Palabra Silenciada, Dorna e Boletín Galego de Literatura. Preparou tamén a introdución e selección de autores para un especial sobre poesía galega da revista virtual Enfocarte.com. Ten feito prólogos para obras de Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Álvarez Torneiro, Xavier Frías Conde e Rafa Villar. Traduciu poemas de Salvador García-Bodaño, Xulio Valcárcel e Manuel María.
Obras
Edicións
- Astro interior. Escolma poética 1984-2007, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 2007, PEN Clube de Galicia.
- Antón Losada Diéguez (1884-1929), 2010, La Voz de Galicia.
- Castelao (1886-1950), 2010, La Voz de Galicia.
- Eduardo Pondal (1835-1917), 2010, La Voz de Galicia.
- Luís Amado Carballo (1901-1927), 2010, La Voz de Galicia.
Obras colectivas
- Para saír do século, 1997, Xerais, coeditora con Luciano Rodríguez Gómez.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- Diccionario da literatura galega. III. Obras, 2000, Galaxia.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
Traducións