Templo de Preah Vihear

Modelo:Xeografía físicaTemplo de Preah Vihear
(km) ប្រាសាទព្រះវិហារ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaprovincia de Preah Vihear, Camboxa Editar o valor en Wikidata
Localizaciónprovincia de Preah Vihear Editar o valor en Wikidata
Mapa
 14°23′26″N 104°40′49″L / 14.3906, 104.6803
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 154,7 ha
zona de protección: 2.642,5 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Asia-Oceanía insular
Data2008 (32ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) Editar o valor en Wikidata
Identificador1224
Historia
Data de creación ou fundación893 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1962 disputa de Preah Vihear Editar o valor en Wikidata
Actividade
FundadorYasovarman I Editar o valor en Wikidata

O Templo de Preah Vihear (en khmer: ប្រាសាទព្រះវិហារ; Prasat Preah Vihear) é un antigo templo khmer construído durante o período do Imperio Khmer. Atópase enriba dun cantil de 525 metros, nas montañas de Dângrêk, na provincia de Preah Vihear, en Camboxa. En 1962, tras unha longa disputa entre Camboxa e Tailandia sobre a súa propiedade, o Tribunal Internacional de Xustiza da Haia determinou que o templo está en Camboxa.[1]

O templo de Preah Vihear, o cal ten unha vista de moitos quilómetros sobre unha chaira, ten o escenario máis espectacular de todos os templos construídos durante o Imperio Khmer, de seis séculos de duración. Como un edificio clave na vida espiritual do imperio, foi apoiado e modificado polos sucesivos reis e, por iso, leva elementos de varios estilos arquitectónicos. Preah Vihear é infrecuente entre os templos khmer ao construírse ao longo dun longo eixe norte-sur, no canto de ter a planta rectangular convencional con orientación cara ao leste. O templo dálle nome á provincia de Preah Vihear, en Camboxa, na que agora se atopa, así como ao Parque Nacional Khao Phra Wihan, que limita con el na provincia de Sisaket de Tailandia, aínda que xa non é accesible dende Tailandia. O 7 de xullo de 2008, Preah Vihear foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[2][3]

Notas

  1. "Geography::Cambodia". 
  2. "900-year-old temple on disputed Thai-Cambodia border named world heritage site". International Herald Tribune (La Défense, France). The Associated Press. 8 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  3. Buncombe, Andrew (9 de xullo de 2008). "Thai anger as disputed Cambodian temple wins heritage status". The Independent (Londres, Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2008. Consultado o 16 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!