Durante a tempada 2018–19 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 40.ª campaña na categoría de prata), logrando o sexto posto e o dereito a xogar a eliminatoria de ascenso a Primeira División, onde caeu na segunda eliminatoria fronte o RCD Mallorca. Tamén competiu na Copa do Rei, onde caeu na segunda eliminatoria fronte o Real Zaragoza.
Resumo da tempada
Maio
O 23 de maio o club anunciou a primeira incorporación para a tempada 2018–19. O gardameta vigués Dani Giménez, procedente do Real Betis, firmou por dúas campañas.[1]
O 25 de maio anunciouse o traspaso do dianteiro romanés Florin Andone ao Brighton & Hove Albion F.C. inglés.[2] A operación cifrouse en 6 millóns de euros.[3]
O 28 de maio o club anunciou que o adestrador do Deportivo Fabril, o uruguaio Gustavo Munúa, non continuará á fronte do filial a vindeira campaña.[4]
O 29 de maio iniciáronse as obras de substitución das cubertas do estadio de Riazor, anunciadas en 2017, cun investimento próximo aos 7,2 millóns de euros.[5]
Xuño
O 15 de xuño o club anunciou contratación do técnico coruñés Tito Ramallo para o Deportivo Fabril, procedente do CCD Cerceda.[6] Ramallo xa fora o adestrador do filial entre 2001 e 2012, e contará con Manuel Pablo como segundo adestrador.[7] Horas máis tarde anunciouse un acordo co adestrador vasco Natxo González (técnico do Real Zaragoza), para facerse cargo do primeiro equipo durante unha campaña, con opción a outra.[8] Foi presentado o 20 de xuño.[9]
Ese mesmo día anunciouse o traspaso do defensa portugués Luisinho Correia ao SD Huesca, sendo o terceiro xogador en abandonar a disciplina branquiazul.[10] Firma por dous anos co club aragonés, logo de cinco temporadas como xogador deportivista.[11] Máis tarde anunciouse a fichaxe do defensor arxentino Sebastián Dubarbier, procedente do Estudiantes de La Plata.[12]
O 16 de xuño o club anunciou a reincorporación do mediocampista coruñés Álex Bergantiños, cedido o ano anterior no Sporting de Gijón.[13]
O 28 de xuño anunciouse a incorporación do centrocampista valenciano Pedro Sánchez, procedente do Granada CF e firmando por dous anos.[14] Chegou libre tras non renovar co seu anterior club.[15] Horas máis tarde informouse da contratación de Yvan Castillo como adestrador de porteiros, procedente do Reus Deportiu.[16]
Ese mesmo día o club anunciou a fichaxe do dianteiro venezolano Christian Santos, procendente do Deportivo Alavés e firmando por dúas tempadas con opción a unha terceira.[17] Chega libre tras desvincularse do seu anterior club.[18]
Xullo
O 1 de xullo anunciouse a incorporación do defensa valenciano Pablo Marí, cedido por unha campaña polo Manchester City F.C.[19]
O 2 de xullo o club comunicou a contratación de Ángel Becerra como novo secretario técnico do Deportivo, procedente do Extremadura UD onde foi director deportivo.[20]
O 7 de xullo anunciouse unha nova cesión do defensa oleirense Róber Pier, que xogará unha campaña máis no Levante UD.[21]
O 10 de xullo o club lamentou o pasamento do centrocampista andaluz Manuel Castillo, xogador branquiazul tempada 1974–75, a única en Terceira División do Deportivo.[22]
O 14 de xullo anunciouse a fichaxe do dianteiro uruguaio Guillermo May, procedente do Nacional de Montevideo, para xogar no Deportivo Fabril, cun contrato por dous anos con opción a outros dous.[23]
O 17 de xullo o FC Girondins de Bordeaux oficializou o traspaso do dianteiro uruguaio Diego Rolan ao Deportivo.[24] O montante da operación estimouse en 5,5 millóns de euros.[25]
Días despois anunciouse a súa saída, cedido ao CD Leganés.[26]
O 24 de xullo de 2018 o club anunciou a fichaxe do gardameta alacantino Adrián Ortolá, cedido por unha campaña polo FC Barcelona con opción de compra.[27]
Agosto
O 16 de agosto o club anunciou o traspaso do mediocampista costarriqueño Celso Borges ao Göztepe SK de Turquía.[28] A operación pechouse entre 1,3 e 1,5 millóns de euros.[29] Ese mesmo día anunciouse a contratación do centrocampista colombiano Didier Moreno, procedente do Independiente Medellín, cedido por unha campaña con opción de compra.[30] Foi presentado en Abegondo uns días máis tarde.[31]
O 17 de agosto o club anunciou a fichaxe do centrocampista canario Vicente Gómez, procedente do UD Las Palmas, por tres temporadas.[32] A operación pechouse nunha cantidade superior ao medio millón de euros.[33] Horas máis tarde anunciouse o traspaso do mediocampista brasileiro Guilherme dos Santos ao Olympiacos F.C. grego.[34] O montante da operación estivo próximo aos 2,5 millóns de euros.[35]
O 22 de agosto anunciouse a incorporación do defensa italiano Michele Somma, procedente do SSC Bari, cun contrato por dúas tempadas.[36] Foi presentado días máis tarde.[37]
O 24 de agosto o club anunciou a renovación do porteiro nixeriano Francis Uzoho por tres temporadas,[38] así como a súa saída en calidade de cedido ao Elche CF, de Segunda División.[39]
O 30 de agosto anunciouse a fichaxe do dianteiro sevillano Carlos Fernández, procedente do Sevilla FC, cedido por unha campaña.[40][41]
O 31 de agosto anunciouse a rescisión do contrato do porteiro Przemysław Tytoń.[42]
Setembro
O 1 de setembro o club anunciou a cesión do defensa Raúl Albentosa ao Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División, durante unha campaña.[43]
Outubro
O 22 de outubro o club anunciou a rescisión do contrato do adestrador do Deportivo Fabril Tito Ramallo, logo dunha vitoria, un empate e sete derrotas.[44] Un día máis tarde anunciouse o seu substituto, o técnico castellonenco Sergio Pellicer, procedente do corpo técnico do Málaga CF.[45]
O 23 de outubro o club anunciou a convocatoria a xunta xeral ordinaria e extraordinaria de accionistas, para o 27 de novembro (en primeira convocatoria) e 28 de novembro (en segunda), coa fin de aprobar as contas da pasada campaña.[46]
Novembro
O 14 de novembro disputouse a 73.ª edición do Trofeo Teresa Herrera, adiado desde o verán pola reforma das cubertas de Riazor. O partido enfrontou o Deportivo co Athletic Club e rematou en empate (2–2), levando este último o trofeo logo da quenda de penaltis.[47] Horas antes disputouse a final feminina, tamén entre o Deportivo da Coruña e o Athletic Club, que se impuxo por un gol ás coruñesas, logrando o título por segundo ano consecutivo.[48]
Xaneiro
O 15 de xaneiro anunciouse a cesión do defensa do filial Diego Villares ao Racing Vilalbés, de Terceira División, até o remate da actual campaña.[49] Horas máis tardes o club anunciou igualmente a saída do defensa catalán Gerard Valentín (que tan só disputou un partido de liga) ao CD Lugo, cedido até o final da temporada.[50]
O 16 de xaneiro anunciouse a chegada do defensa canario Carlos Ramírez "Leto" como reforzo para o Deportivo Fabril, procedente do Lleida Esportiu até o final da temporada.[51]
O 21 de xaneiro o club anunciou a fichaxe para o equipo filial do defensa gaditano Juanmi Carrión, cedido polo UD Melilla até o final da campaña.[52]
O 23 de xaneiro anunciouse a rescisión do contrato do defensa coruñés do equipo filial, Blas Alonso.[53] Horas máis tarde anunciouse a súa fichaxe polo Unionistas de Salamanca, equipo da Segunda División B, até o final da temporada.[54] Ese mesmo día o club anunciou a rescisión do contrato do defensa valenciano Raúl Albentosa, cedido a primeira parte da campaña no Gimnàstic de Tarragona.[55]
O 30 de xaneiro o club anunciou o traspaso do centrocampista valenciano Carles Gil, que marcha á liga norteamericana para xogar no New England Revolution.[56] A operación estimouse nun millón e medio de euros.[57]
O 31 de xaneiro o Deportivo anunciou dúas incorporacións. En primeiro lugar, o centrocampista arxentino Nahuel Leiva, cedido até o final da temporada polo Olympiacos F.C.[58] Máis tarde anunciouse a fichaxe do veterano defensa rioxano Íñigo López, procedente do Extremadura UD, firmando até o remate da campaña.[59] Ese mesmo día anunciouse unha nova cesión para o porteiro nixeriano Francis Uzoho, que finaliza o seu paso polo Elche CF e marcha até o remate da temporada ao Anorthosis Famagusta FC chipriota.[60]
Febreiro
O 4 de febreiro o club anunciou a destitución de mutuo acordo do adestrador do Deportivo Fabril, o castellonenco Sergio Pellicer, co equipo como último clasificado a 11 puntos da permanencia.[61] Minutos máis tarde anunciouse que o seu substituto sería o teense Luisito, até o final da temporada.[62]
Marzo
O 5 de marzo anunciouse a fichaxe do centrocampista portugués Vítor Silva, a proba xa desde mediados de febreiro, procedente do CF Reus, firmando polo que resta da tempada.[63] Foi presentado uns días máis tarde.[64]
Abril
O 7 de abril foi destituído o adestrador Natxo González, logo dunha derrota en Riazor fronte o Rayo Majadahonda (0–2). A súa bagaxe foi de 13 vitorias, 15 empates e 5 derrotas.[65] Un día máis tarde anunciouse a contratación de José Luis Martí, firmando polo que resta da tempada e unha máis en caso de ascenso.[66]
O 14 de abril o Deportivo Fabril descendeu matematicamente a Terceira División, tras perder contra o Atlético de Madrid B (0–2) en Abegondo, a falta de 6 xornadas para rematar o campionato.[67]
O 15 de abril o defensa pontés Quique Fornos desvinculouse do Deportivo Fabril para firmar polo Racing de Ferrol.[68]
O 22 de abril, tras a derrota en Riazor fronte o Extremadura UD (1–2) no día anterior, o Consello de Administración anunciou a súa dimisión.[69] Días máis tarde anunciouse convocatoria para Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas para o 27 e 28 de maio (en primeira e segunda convocatoria), onde sairá elixido o novo Consello de Administración.[70]
Maio
O 28 de maio, en segunda convocatoria da Xunta Extraordinaria de Accionistas, saíu elixida a candidatura de Paco Zas para presidir o club, acompañado polos conselleiros Juan Manuel Sánchez Padrós, Jorge Borrajo Dios, Alberto Méndez Rodríguez, Jesús Chapela Rey e Pablo Ruiz Cuadrado. Convértese así no 43.º presidente do Deportivo da Coruña.[71]
O 31 de maio o canteirán coruñés do equipo filial Jorge Valín renovou o seu contrato por dúas temporadas con opción de ampliación, sendo este o primeiro movemento da nova directiva branquiazul.[72]
Xuño
O 1 de xuño a Liga de Fútbol Profesional anunciou o adiamento dos encontros da 41.ª xornada debido ao falecemento de José Antonio Reyes, xogador do Extremadura UD, para o martes 4 de xuño.[73]
O 21 de xuño o club anunciou a continuidade por unha campaña máis do técnico do filial, o teense Luisito, de cara a seguinte campaña do Deportivo Fabril tras o descenso a Terceira División.[74]
Material deportivo
O equipamento do Deportivo é proporcionado por Macron e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.
Persoal
Corpo técnico
Cargo
|
Nome
|
Adestrador
|
José Luis Martí
|
2.º adestrador
|
Fabián Rivero
|
Ad. axudante
|
Alejandro Esteve
|
Ad. de porteiros
|
Yván Castillo
|
Prep. físicos
|
Julio Hernando
|
Moisés de Hoyo
|
José Ángel Franganillo
|
Analista
|
David Sánchez
|
Consello de administración
Cargo
|
Nome
|
Presidente
|
Paco Zas
|
Conselleiros
|
Jorge Borrajo
|
Jesús Chapela
|
Alberto Méndez
|
Pablo Ruiz
|
Juan Manuel Sánchez-Padrós
|
Mercado de fichaxes
Altas
Baixas
Partidos
Vitoria
Empate
Derrota
Aprazado
Pretempada e amigables
Segunda División
Eliminatoria de ascenso
Semifinais
Final
Copa do Rei
Segunda eliminatoria
Notas
- ↑ "Dani Giménez, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 23 de maio de 2018.
- ↑ "O Deportivo e o Brighton chegan a un acordo para o traspaso de Florin Andone". Deportivo da Coruña. 25 de maio de 2018.
- ↑ "El Deportivo ingresa la totalidad del traspaso de Florin Andone". As. 25 de maio de 2018. (en castelán)
- ↑ "Gustavo Munúa no continuará al frente del Fabril la próxima temporada". Deportivo da Coruña. 28 de maio de 2018. (en castelán)
- ↑ "O Concello inicia as obras de rehabilitación das cubertas do estadio municipal de Riazor, que provocarán desde mañá cambios na circulación no perímetro das instalacións". Concello da Coruña. 28 de maio de 2018.
- ↑ "Tito Ramallo, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Tito Ramallo regresa al Fabril". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Acordo entre o Real Club Deportivo e Natxo González". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018.
- ↑ ""É un orgullo formar parte deste proxecto", asegurou Natxo González na súa presentación". Deportivo da Coruña. 20 de xuño de 2018.
- ↑ "O Deportivo e a SD Huesca chegan a un acordo para o traspaso de Luisinho". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "El Dépor anuncia el traspaso de Luisinho al Huesca". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2018. (en castelán)
- ↑ "Dubarbier, novo xogador do Dépor '18-'19". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018.
- ↑ "Álex volve a casa". Deportivo da Coruña. 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Álex volve a casa". Deportivo da Coruña. 28 de xuño de 2018.
- ↑ "Pedro Sánchez, cuarta incorporación del Deportivo". La Voz de Galicia. 20 de xuño de 2018. (en castelán)
- ↑ "Yvan Castillo únese ao corpo técnico do Dépor '18-'19 como adestrador de porteiros". Deportivo da Coruña. 28 de xuño de 2018.
- ↑ "Christian Santos, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 28 de xuño de 2018.
- ↑ "Christian Santos, nuevo jugador del Deportivo". La Opinión de A Coruña. 28 de xuño de 2018. (en castelán)
- ↑ "Pablo Marí, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2018.
- ↑ "Ángel Becerra, novo secretario técnico do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 2 de xullo de 2018.
- ↑ "Róber xogará a Temporada 2018-2019 cedido no Levante UD". Deportivo da Coruña. 7 de xullo de 2018.
- ↑ "Faleceu Castillo, xogador do Deportivo en Terceira División". Deportivo da Coruña. 10 de xullo de 2018.
- ↑ "O Fabril reforza o seu ataque co uruguaio Guillermo May". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2018.
- ↑ "Girondins: Diego Rolan s’engage officiellement avec La Corogne". Sud Ouest. 24 de xullo de 2018. (en francés)
- ↑ "Diego Rolan, el fichaje clandestino del Deportivo". As. 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Rolan xogará a Temporada 2018-2019 cedido no Leganés". Deportivo da Coruña. 26 de xullo de 2018.
- ↑ "Ortolá novo xogador do #Dépor1819". Deportivo da Coruña. 24 de xullo de 2018.
- ↑ "O Deportivo e o Göztepe chegan a un acordo para o traspaso de Celso Borges". Deportivo da Coruña. 16 de agosto de 2018.
- ↑ "El Deportivo oficializa el traspaso de Celso Borges al Goztepe turco". La Vanguardia. 16 de agosto de 2018.
- ↑ "Didier Moreno, nuevo jugador del Deportivo La Coruña". Marca Claro. 16 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018. (en castelán)
- ↑ ""Veño coa intención de poder quedarme moito tempo", di Didier Moreno na súa presentación". Deportivo da Coruña. 21 de agosto de 2018.
- ↑ "Vicente Gómez novo xogador do Dépor 2018-2019". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2018.
- ↑ "El Deportivo cierra el traspaso de Vicente Gómez". As. 17 de agosto de 2018. (en castelán)
- ↑ "O Deportivo e o Olimpiakos chegan a un acordo para o traspaso de Guilherme". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Guilherme deja el Deportivo y se va al Olympiacos". As. 17 de agosto de 2018. (en castelán)
- ↑ "Michele Somma, novo xogador do Dépor 2018-2019". Deportivo da Coruña. 22 de agosto de 2018.
- ↑ "Somma: "O Dépor é un Club coñecido en toda Europa, é unha honra vir aquí"". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2018.
- ↑ "Francis renova o seu contrato co Dépor por 3 temporadas". Deportivo da Coruña. 24 de agosto de 2018.
- ↑ "Francis xogará esta temporada cedido no Elche". Deportivo da Coruña. 24 de agosto de 2018.
- ↑ "Carlos Fernández, novo xogador do Dépor 2018-2019". Deportivo da Coruña. 30 de agosto de 2018.
- ↑ "Acuerdo para la cesión de Carlos Fernández al RC Deportivo de La Coruña". Sevilla FC. 30 de agosto de 2018. (en castelán)
- ↑ "O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Przemysław Tytoń". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2018.
- ↑ "Raúl Albentosa xogará cedido no Nàstic". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2018.
- ↑ "Tito Ramallo deixa de ser adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 22 de outubro de 2018.
- ↑ "Sergio Pellicer, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 23 de outubro de 2018.
- ↑ "Convocatoria de Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de accionistas". Deportivo da Coruña. 23 de outubro de 2018.
- ↑ "O Athletic Club conquista na quenda de penaltis o seu terceiro Teresa Herrera (2-2)". Deportivo da Coruña. 14 de novembro de 2018.
- ↑ "O Dépor ABANCA perde o Teresa Herrera a mans do Athletic Club por segundo ano consecutivo (0-1)". Deportivo da Coruña. 14 de novembro de 2018.
- ↑ "Diego Villares cedido ao Racing Villalbés". Deportivo da Coruña. 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo". Deportivo da Coruña. 15 de xaneiro de 2019.
- ↑ "O Fabril apontoa o seu lateral destro coa chegada de Carlos Ramírez 'Leto'". Deportivo da Coruña. 16 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Juanmi Carrión, novo reforzo para a defensa do Fabril". Deportivo da Coruña. 21 de xaneiro de 2019.
- ↑ "O Real Club Deportivo e Blas acordan pechar a actual etapa xuntos". Deportivo da Coruña. 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Unionistas ficha a Blas Alonso Pena para el lateral derecho tras la marcha de Iván Robles". El Norte de Castilla. 23 de xaneiro de 2019. (en castelán)
- ↑ "O Deportivo e Raúl Albentosa acordan a rescisión do contrato do central". Deportivo da Coruña. 23 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Carles Gil traspasado á MLS". Deportivo da Coruña. 30 de xaneiro de 2019.
- ↑ "El Dépor "conserva derechos económicos" sobre Carles Gil". eldesmarque.com. 30 de xaneiro de 2019. (en castelán)
- ↑ "Nahuel Leiva, novo xogador do Dépor". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Iñigo López, novo xogador do Dépor". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Francis finaliza a súa cesión no Elche e pon rumbo ao Anorthosis". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2019.
- ↑ "O Dépor e Pellicer, adestrador do Fabril, finalizan a súa relación de mutuo acordo". Deportivo da Coruña. 4 de febreiro de 2019.
- ↑ "Luisito dirixirá ao Fabril até final de temporada". Deportivo da Coruña. 4 de febreiro de 2019.
- ↑ "Vítor Silva, novo xogador do Dépor até final de temporada". Deportivo da Coruña. 5 de marzo de 2019.
- ↑ ""Queda moito aínda e estamos xuntos para levalo a bo porto", di Vítor Silva na súa presentación". Deportivo da Coruña. 14 de marzo de 2019.
- ↑ "Natxo González deixa de ser adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de abril de 2019.
- ↑ "Martí: "Quiero un Dépor valiente"". Marca. 8 de abril de 2019. (en castelán)
- ↑ "El Fabril confirma su regreso a Tercera División". Deportivo da Coruña. 14 de abril de 2019. (en castelán)
- ↑ "O Deportivo acepta a solicitude de Quique Fornos de saír do Fabril de modo inminente para incorporarse ao Racing de Ferrol". Deportivo da Coruña. 15 de abril de 2019.
- ↑ "Comunicado do Consello de Administración do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 22 de abril de 2019. (en castelán)
- ↑ "Convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas". Deportivo da Coruña. 26 de abril de 2019. (en castelán)
- ↑ "Paco Zas, cuadraxésimo terceiro presidente do RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 28 de maio de 2019.
- ↑ "Valín renova 2 temporadas co Fabril con opción de ampliación por parte do Club". Deportivo da Coruña. 31 de maio de 2019.
- ↑ "Modificación horarios de la jornada 41 de LaLiga 1-2-3 2018/19". Liga de Fútbol Profesional. 1 de xuño de 2019. (en castelán)
- ↑ "Luisito dirixirá ao Fabril a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 21 de xuño de 2019.
- ↑ "O Athletic Club conquista na quenda de penaltis o seu terceiro Teresa Herrera (2-2)". Deportivo da Coruña. 14 de novembro de 2018.
- ↑ "Inxustiza no Carlos Belmonte (1-1)". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Quique asina o primeiro triunfo en LaLiga 1-2-3 (0-1)". Deportivo da Coruña. 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Sorrisos e bágoas no desconto (2-2)". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2018.
- ↑ "Pablo Marí fai estoupar ABANCA-RIAZOR no 94' (1-0)". Deportivo da Coruña. 9 de setembro de 2018.
- ↑ "En Alcorcón chegou a primeira derrota (1-0)". Deportivo da Coruña. 15 de setembro de 2018.
- ↑ "Quique catapulta ao Dépor ao grupo de cabeza (2-1)". Deportivo da Coruña. 24 de setembro de 2018.
- ↑ "Quique e Santos voltean o marcador en Tarragona (1-3)". Deportivo da Coruña. 30 de setembro de 2018.
- ↑ "Punto agridoce para o Dépor ante o líder (1-1)". Deportivo da Coruña. 7 de outubro de 2018.
- ↑ "Festival branquiazul en ABANCA-RIAZOR (4-0)". Deportivo da Coruña. 12 de outubro de 2018.
- ↑ "O Dépor perde 2 puntos en Córdoba após quedar con 9 xogadores (1-1)". Deportivo da Coruña. 20 de outubro de 2018.
- ↑ "O Dépor faise forte en ABANCA-RIAZOR (2-0)". Deportivo da Coruña. 27 de outubro de 2018.
- ↑ "Domingos Duarte rescata un punto no último segundo (1-1)". Deportivo da Coruña. 3 de novembro de 2018.
- ↑ "O Dépor aférrase ao grupo de cabeza a golpe de goleada (4-0)". Deportivo da Coruña. 10 de novembro de 2018.
- ↑ "ABANCA-RIAZOR tamén tomba ao Osasuna (2-0)". Deportivo da Coruña. 24 de novembro de 2018.
- ↑ "O Dépor alcanza no Cerro del Espino as once xornadas sen perder (0-0)". Deportivo da Coruña. 2 de decembro de 2018.
- ↑ "O Numancia estraga o aniversario branquiazul (2-2)". Deportivo da Coruña. 8 de decembro de 2018.
- ↑ "O Dépor liquida ao Zaragoza a balón parado en 45 minutos (3-1)". Deportivo da Coruña. 16 de decembro de 2018.
- ↑ "Tres contragolpes deixan ao Dépor sen liderado para acabar o ano (3-0)". Deportivo da Coruña. 22 de decembro de 2018.
- ↑ "Roscón de Reyes sen agasallo (0-0)". Deportivo da Coruña. 6 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Terceira derrota para pechar a primeira volta (1-0)". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Unha vitoria que vale máis que tres puntos (2-0)". Deportivo da Coruña. 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Post partido". Sporting de Gijón. 27 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2019. (en castelán)
- ↑ "Combate nulo entre Dépor e Tenerife (0-0)". Deportivo da Coruña. 2 de febreiro de 2019.
- ↑ "O Dépor leva máis que tres puntos de Granada (0-1)". Deportivo da Coruña. 10 de febreiro de 2019.
- ↑ "Ao Dépor escápanselle dous puntos sobre a hora (1-1)". Deportivo da Coruña. 16 de febreiro de 2019.
- ↑ "O Dépor sobrevive a La Rosaleda (0-0)". Deportivo da Coruña. 24 de febreiro de 2019.
- ↑ "Outros dous puntos voan de ABANCA-RIAZOR no minuto 86 (2-2)". Deportivo da Coruña. 4 de marzo de 2019.
- ↑ "O Dépor perde a imbatibilidade en ABANCA-RIAZOR (0-1)". Deportivo da Coruña. 10 de marzo de 2019.
- ↑ "Un Dépor sen puntaría suma un novo empate (0-0)". Deportivo da Coruña. 22 de marzo de 2019.
- ↑ "Punto gañado con suor no Tartiere (1-1)". Deportivo da Coruña. 31 de marzo de 2019.
- ↑ "O Deportivo da un paso atrás (0-2)". Deportivo da Coruña. 6 de abril de 2019.
- ↑ "Ao Dépor escápaselle o partido en El Sadar nun cuarto de hora (2-1)". Deportivo da Coruña. 13 de abril de 2019.
- ↑ "O Extremadura leva os 3 puntos de ABANCA-RIAZOR (1-2)". Deportivo da Coruña. 21 de abril de 2019.
- ↑ "O Dépor endereita o rumbo nos Pajaritos (1-2)". Deportivo da Coruña. 26 de abril de 2019.
- ↑ "O Dépor fai pleno grazas ao acerto de Pedro Sánchez". Deportivo da Coruña. 4 de maio de 2019.
- ↑ "O Deportivo deixa escapar vivo ao Cádiz (1-1)". Deportivo da Coruña. 12 de maio de 2019.
- ↑ "Directo Xornada 39 CD Lugo - RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 19 de maio de 2019.
- ↑ "O Deportivo revive en plena agonía (1-0)". Deportivo da Coruña. 27 de maio de 2019.
- ↑ "O empate máis doce (0-0)". Deportivo da Coruña. 4 de xuño de 2019.
- ↑ "O playoff espera ao Deportivo (2-0)". Deportivo da Coruña. 8 de xuño de 2019.
- ↑ "O Dépor dispárase nunha memorable segunda metade (4-2)". Deportivo da Coruña. 12 de xuño de 2019.
- ↑ "De La Rosaleda ao ceo (0-1)". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2019.
- ↑ "Fede e Quique deixan o regreso a un paso (2-0)". Deportivo da Coruña. 20 de xuño de 2019.
- ↑ "El Mallorca logra la gesta y regresa a Primera División" (en castelán). La Vanguardia. 24 de xuño de 2019.
- ↑ "Ola e adeus á Copa na Romareda (2-1)". Deportivo da Coruña. 12 de setembro de 2018.