A 45ª edición da Liga española de hóckey a patíns, denominada OK Liga iniciouse o 11 de outubro de 2013 e finalizou o 7 de xuño de 2014 coa disputa da última xornada. Os equipos ascendidos foron o Club Patín Cerceda (campión), CP Tordera (subcampión) e o Club Patí Vilafranca (terceiro). O campión desta edición da liga foi o FC Barcelona, que conseguiu o seu 25º título de liga, recuperándoo logo de ceder na tempada anterior fronte ao HC Liceo da Coruña. Ao finalizar a tempada, o equipo máis goleador foi o FC Barcelona con 207 goles, mentres que o menos goleador foi o Blanes Hoquei Club con 72 goles. O equipo menos goleado foi o FC Barcelona con 66 goles encaixados, mentres que o C.P. Vilanova foi o equipo máis goleado da competición con 241 goles en contra, ademais o Vilanova foi o único partido que contou todos os seus partidos por derrotas. Pablo Álvarez (FC Barcelona) foi o "pichichi" con 56 goles, mentres que o tamén arxentino do Liceo Lucas Ordóñez foi nomeado MVP da tempada.[1]
Ao final da competición os tres equipos descendidos foron o C.H. Lloret, o Blanes Hoquei Club e o C.P. Vilanova.[2]
Pts = Puntos totais PX = Partidos xogados PG = Partidos gañados PE = Partidos empatados PP = Partidos perdidos
GF = Goles a favor GC = Goles en contra DG = Diferenza de goles (GF-GC)