Suicidal Tendencies

Suicidal Tendencies
OrixeVenice, California,
Período1980-1995
1996-presente
Xénero(s)crossover thrash, thrash metal, hardcore punk, funk metal, skate punk
Selo(s) discográfico(s)Frontier, Caroline, Virgin, Epic, Suicidal
MembrosMike Muir
Dean Pleasants
Dave Lombardo
Ra Díaz
Antigos membrosMike Ball
Rick Battson
Ron Bruner
Stephen Bruner
Mike Clark
Ric Clayton
Jimmy DeGrasso
Mike Dunnigan
Sean Dunnigan
Carlos Egert
Grant Estes
Andrew Evans
Josh Freese
Rocky George
Bob Heathcote
R.J. Herrera
Dave Hidalgo
Louiche Mayorga
Eric Moore
Jon Nelson
Josh Paul
Thomas Pridgen
Greg Saenz
Nico Santora
Amery Smith
Jason Speir
Robert Trujillo
Brooks Wackerman
Tim "RAWBIZ" Williams
Jeff Pogan
Na rede
suicidaltendencies.com
IMDB: nm1971611 Facebook: suicidaltendencies Twitter: officialstig Instagram: suicidaltendencies MySpace: suicidaltendencies Youtube: UCZdqIc7pGX_STMKbvFr01fQ Souncloud: suicidal-tendencies-official Spotify: 3WPKDlucMsXH6FC1XaclZC iTunes: 484609 Last fm: Suicidal+Tendencies Musicbrainz: e9e2a634-984f-4c10-bf7b-7970179e1ef1 Songkick: 244100 Discogs: 137127 Allmusic: mn0000579839 Deezer: 1776 Genius: Suicidal-tendencies Editar o valor en Wikidata

Suicidal Tendencies é unha banda estadounidense de crossover thrash formada no ano 1980 en Venice, California polo vocalista Mike Muir, que é o único membro orixinal que queda. Xunto con D.R.I., Corrosion of Conformity e Stormtroopers of Death, adoitan a ser considerados "os pais do crossover thrash".[1][2] No presente está composta por Muir, o guitarrista Dean Pleasants, o baixista Ra Díaz e o batería Dave Lombardo. Entre os músicos que contrubuíron co grupo tanto no estudio como en directo destacan os guitarristas Rocky George, Mike Clark e Ben Weinman, os baixistas Louiche Mayorga, Robert Trujillo, Josh Paul e Stephen "Thundercat" Bruner, e os baterías Amery Smith, Jimmy DeGrasso, Brooks Wackerman, David Hidalgo Jr. e Thomas Pridgen, e o músico de sesión Josh Freese.

Suicidal Tendencies publicaron trece álbums de estudio (catro dos cales están compostos por material inédito regravado), dous EPs, catro discos compartidos, catro recompilatorios e dous vídeos. A banda conseguiu o seu primeiro éxito en 1983 co seu álbum de estrea, Suicidal Tendencies, do cal saíu o sinxelo "Institutionalized", que foi un dos primeiros vídeos de hardcore punk en ter un tempo de emisión substancial na MTV. Despois de publicar unha nova canción o disco compartido Welcome to Venice (1985) e do seu segundo álbum de estudio Join the Army (1987), Suicidal Tendencies asinou con Epic Records en 1988 e continuou o seu éxito comercial cos seus seguintes tres discos, How Will I Laugh Tomorrow When I Can't Even Smile Today (1988), Controlled by Hatred/Feel Like Shit...Déjà Vu (1989) e Lights...Camera...Revolution! (1990); os dous últimos certificados ouro pola RIAA. O seu seguinte traballo, The Art of Rebellion (1992), foi outro éxito e inclúe tres dos seus temas máis coñecidos: "Asleep at the Wheel", "Nobody Hears" e "I'll Hate You Better".

Tras editar dous álbums de estudio máis (Still Cyco After All These Years e Suicidal for Life), a banda separouse e cortou os seus lazos con Sony e Epic en 1995. Porén, reuníronse un ano despois e continuaron actuando e gravando dende entón. Despois de máis dunha década de traballo e varios cambios na súa formación, Suicidal Tendencies publicou o seu décimo primeiro álbum con material novo, 13, no ano 2013,[3] seguido tres anos despois por World Gone Mad (2016).[4] O seu último álbum ata a data é Still Cyco Punk After All These Years, publicado en 2018.

Discografía

Álbum Ano Selo
Suicidal Tendencies 1983 Frontier Records
Join the Army 1987 Caroline Records
How Will I Laugh Tomorrow When I Can't Even Smile Today 1988 Epic Records
Controlled by Hatred/Feel Like Shit...Déjà Vu 1989 Epic Records
Lights...Camera...Revolution! 1990 Epic Records
The Art of Rebellion 1992 Epic Records
Still Cyco After All These Years 1993 Epic Records
Suicidal for Life 1994 Epic Records
Freedumb 1999 Suicidal Records, SideOneDummy Records
Free Your Soul and Save My Mind 2000 Suicidal Records
13 2013 Suicidal Records
World Gone Mad 2016 Suicidal Records
Still Cyco Punk After All These Years 2018 Suicidal Records

Notas

  1. "Thirteen Albums Young". HM. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  2. "D.R.I.". No Life Metal. Consultado o 23 de setembro de 2018. 
  3. "Suicidal Tendencies To Release '13' Album Next Month". Blabbermouth. Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  4. "Ex-Salayer Drummer Dave Lombardo In The Studio WithSuicidal Tendencies". Blabbermouth. Consultado o 24 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!