En ecoloxía chámase sucesión ecolóxica ao proceso de cambio na composición de especies, ou grupos taxonómicos, dunha comunidade ao longo do tempo. A escala temporal dos procesos de sucesión poden ser de décadas (como exemplo, tras un incendio) ou de millóns de anos (como exemplo, tras unha extinción en masa).[1] A sucesión pode ser froito da dinámica natural do ecosistema ou por fenómenos antropoxénicos, como a agricultura.
A sucesión non é un proceso definido. A sucesión adoita conducir aos ecosistemas de estar formadas por especies xeralistas que ocupan o espazo a especies con outras estratexias vitais, nun proceso de maduración que leva a un estado chamado de clímax. Esta sucesión pode dividirse en diferentes etapas. As especies de cada etapa poden ser diferentes ou poden vivir en diferentes estratos na comunidade do clímax. Existen dous tipos de sucesións:
Hai tres fases na sucesión:
Nunha sucesión temos inicialmente as comunidades pioneiras (primeiros seres vivos que ocupan un substrato), seguido por comunidades intermediarias que presentan un nivel maior de diversificación e, finalmente a comunidade clímax, cando a comunidade chega ao seu máximo grao de desenvolvemento e equilibrio.