Steven Seagal

Modelo:BiografíaSteven Seagal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Steven Frederic Seagal Editar o valor en Wikidata
10 de abril de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Lansing, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaScottsdale Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBuena Park High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema, produtor de cinema, karateka, Aikidoka, músico, especialista de cinema, Shériff, actor de televisión, empresario, guionista, actor, guitarrista, director de cinema, judoka, cantante, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoRússia Justa (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica country Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteAikido Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeErdenetuya Batsukh (2009–)
Kelly LeBrock (1987–1996)
Adrienne La Russa (1984–1987)
Miyako Fujitani Editar o valor en Wikidata
FillosKentaro Seagal
 ()
Ayako Fujitani
 ()
Arissa LeBrock
 () Kelly LeBrock Editar o valor en Wikidata
PaisSamuel Steven Seagal Editar o valor en Wikidata  e Patricia A. Seagal Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webstevenseagal.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000219 Allocine: 11542 Rottentomatoes: celebrity/steven_seagal Allmovie: p110609 TCM: 173300 TV.com: people/steven-seagal
Facebook: sseagalofficial Twitter: sseagalofficial Instagram: seagalofficial MySpace: stevenseagalmojopriest Youtube: UCrNy-K5sLxrDISa58W9hPrg Flickr: 40357490@N05 BNE: XX1057854 Souncloud: stevenseagal-music Spotify: 1jgRWeREJTbx96zhcn8vgx iTunes: 365564 Last fm: Steven+Seagal Musicbrainz: ab57a164-f30f-4aa5-8687-22abdbaeee44 Songkick: 265581 Discogs: 517800 WikiTree: Seagal-3 Deezer: 3235 Genius: Steven-seagal Editar o valor en Wikidata
Steven Seagal no 2006.

Steven Frederic Seagal, nado en Lansing (Míchigan) o 10 de abril de 1952,[1] é un actor de cine de acción estadounidense e especialista en artes marciais, cinto negro 7º dan en Aikido.

Traxectoria

É fillo de pai xudeu e nai irlandesa católica. Na súa xuventude mudáronse a Fullerton (California) e empezou a estudar artes marciais da man do famoso mestre de aikido Fumio Demura. O final da súa adolescencia, Seagal formou parte do Equipo de Demostración de Karate de Demura e fixo demostracións diarias no Japanese Deer Park, un parque de atraccións no sur de California. Cando tiña dezanove anos mudouse ao Xapón para continuar o seu estudo de artes marciais.

No Xapón Seagal adestrou con varios mestres como Hiroshi Isoyama e Seiseki Abe, e obtivo o cinto negro 7º dan en aikikai. Casou cunha estudante de Abe Sensei, Miyako Fujitani. Foi o primeiro non xaponés en aconseguir as credenciais de mestre e poder ensinar aikido no Xapón. Despois do seu retorno aos Estados Unidos, Seagal abriu o Tenshin Bugei Gakuen en 1982, seguidor do Dojo no que ensinou no Xapón.

A primeira aparición de Seagal na industria do cine produciuse cando foi contratado como coordinador de especialistas na película de 1982 The Challenge, protagonizada por Toshiro Mifune. En 1983 Seagal volveu aos Estados Unidos, unha década despois de marchar, para intentar unha carreira no mundo do cine. En 1984, casou coa súa segunda esposa, a actriz Adrienne La Russa, cando aínda non estaba divorciado da súa primeira esposa. O seu terceiro matrimonio foi coa actriz Kelly LeBrock, a quen coñeceu cando foi contratado para ser o seu gardacostas.

A carreira de Steven Seagal como actor colleu pulo cando Michael Ovitz, presidente dunha das axencias de talentos máis fortes de Hollywood, Creative Artists Agency (CAA), foi ao estudio de Aikido de Seagal en Burbank, California, e se converteu no seu alumno. Despois disto, a carreira de actor de Seagal engalou e fíxose coñecido polos seus papeis en películas de artes marciais.

Seagal produciu moitas das películas que protagonizou, e tamén participou no guión e na dirección. Os papeis de Seagal non coinciden co arquetipo de heroe de acción. Os personaxes que interpreta acotío son perfectos, sen limitacións e con pouco desenvolvemento do personaxe.

Nos últimos anos, con películas como Belly of the Beast e Half Past Dead, Seagal especializouse en películas destinadas ao mercado de vídeo. A súa estrea en cines mais recente foi Exit Wounds no ano 2001.

Filmografía

Ano Título Papel
1988 Above the Law Nico Toscani
1990 Difícil de matar Mason Storm
Marked for Death John Hatcher
1991 Buscando xustiza Det. Gino Felino
1992 Under Siege Casey Ryback
1994 En terra perigosa Forrest Taft
1995 En terra perigosa 2 Casey Ryback
1996 Decisión crítica Tenente Coronel Austin Travis
The Glimmer Man Tte. Jack Cole
1997 Fire Down Below Jack Taggart
1998 The Patriot Dr. Wesley McClaren
1999 Get Bruce El mesmo
2001 Exit Wounds Orin Boyd
Ticker Frank Glass
2002 Half Past Dead Sasha Petrosevitch
2003 The Foreigner Jonathan Cold
Out for a Kill Prof. Robert Burns
Belly of the Beast Jake Hopper
2004 Out of Reach William Lansing
Clementine Jack Miller
2005 Into the Sun Travis Hunter
Submerged Chris Cody
Today You Die Harlan Banks
Black Dawn Jonathan Cold
2006 Mercenary for Justice John Seeger
Shadow Man Jack Foster
Attack Force Cmdr. Marshall Lawson
2007 Flight of Fury John Sands
Urban Justice Simon Ballister
2008 Pistol Whipped Matt Conlin
The Onion Movie Cock Puncher
Kill Switch Jacob
2009 Against the Dark Tao
Driven to Kill Ruslan
The Keeper Roland Sallinger
2009– Steven Seagal: Lawman El mesmo
2010 A Dangerous Man Shane Daniels
Machete Torrez
Sheep Impact Paul Weland
2011 Born to Raise Hell Samuel Axel
2012 Maximum Conviction Cross
2013 Gutshot Straight Paulie Trunks
Force of Execution

Discografía

Notas

  1. "Steven Seagal - About Steven". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!