Stars é o terceiro single do álbum Have a Nice Day do dúo de pop sueco Roxette. O single foi lanzado en agosto de 1999. En Europa, "Stars" converteuse nun single de éxito, alcanzando o Top 10 en Finlandia, Top 20 en Suecia e Noruega e o Top 30 en Alemaña e Suíza. Actualemente ten maior éxito que Wish I Could Fly en Finlandia, Noruega e Alemaña. Foi o último single de Roxette en facer un Top 75 no Reino Unido, pero abicouse nun baixo posto 56. O vídeo, dirixido por Anton Corbijn, alcanzou a posición 19 na MTV Europa.