"Sleeping in My Car", é unha canción de Roxette, escrita por Per Gessle e lanzada como o primeiro single do seu álbum de 1994 Crash! Boom! Bang!. Alcanzou a primeira posición en Suecia, a 14 nas listas do Reino Unido e a posición 50 no Billboard Hot 100. Tamén entrou no Top 10 en Noruega, Suíza e Austria, e no Top 20 en Australia, Alemaña e Países Baixos.
Cando Roxette fixo un concerto en Pequín en 1995, pedíuselles que cambiasen as letras suxerentes da canción. "Accedimos, pero finalmente non as cambiamos", di Per Gessle.[1]
En 2002, o dúo foi acusado de plaxio polo compositor sueco Stephan Malmstedt, que afirmaba que o estribillo do tema fora tomado dunha canción súa titulada "Jenny and I", escrita en 1991 [2]. Finalmente, a denuncia foi desestimada por non existir evidencias claras da coincidencia entre ambas composicións musicais [3].
Lista de temas
# |
Título
|
1. |
"Sleeping in My Car"
|
2. |
"The Look" (MTV Unplugged)
|
3. |
"Sleeping In My Car" (The Stockholm Demo Version)
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Roxette, páxina oficial de Roxette.
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Compilacións | |
---|
Álbums en directo | |
---|
Remesturas | |
---|
Sinxelos | |
---|
Videografía | |
---|