Star Wars: Battlefront II é un videoxogo de acción en primeira e terceira persoa desenvolvido por Pandemic Studios, e publicado por LucasArts. O xogo é unha secuela do exitoso Star Wars: Battlefront e ten novas características, novos vehículos, personaxes, mecánicas de xogo, mapas, e misións. O xogo foi lanzado na Rexión PAL o 31 de outubro de 2005 para as plataformas de PlayStation 2, PlayStation Portable, Windows, e Xbox, e en Norte América o 1 de novembro do mesmo ano. Posteriormente foi actualizado para ser compatible coa Xbox 360. Tamén foi lanzado na PlayStation Store o 20 de outubro de 2009 para ser descargado na PSP.