Societat Catalana d'Estudis Numismàtics

Societat Catalana d'Estudis Numismàtics
Sede da SCEN, común coa do
Institut d'Estudis Catalans Editar o valor en Wikidata
Tiposociedade filial do Instituto de estudos cataláns e sociedade científica
Campo de traballonumismática
Área de operaciónCataluña
Data de fundación1979
Presidente/aMiquel Crusafont i Sabater (-) Editar o valor en Wikidata
EnCataluña
PaísEspaña
Na rede
https://scen.iec.cat/
editar datos en Wikidata ]

A Societat Catalana d'Estudis Numismàtics -SCEN- (en galego: "Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos"), do Institut d'Estudis Catalans ("Instituto de Estudos Cataláns") foi creada en Barcelona en 1979 coa finalidade de estudar as diferentes pólas da historia da moeda, a medalla, o papel moeda, as fichas comerciais, os títulos, obxectos premonetarios e, en xeral, calquera instrumento utilizado para facilitar as operacións comerciais. A SCEN ocúpase tamén da promoción do coñecemento, o estudo e a difusión da numismática e da historia da moeda.[1][2]

Comunidade científica

Esta sociedade está composta unicamente por investigadores, xa que é unha condición indispensable para o ingreso ter realizado e publicado algún estudo sobre a materia. Tamén coden formar parte da sociedse outras persoas interesadas, aínda que non como membros senón en condición desocios colaboradores. A SCEN é a única comunidade científica da súa especialidade existente no ámbito catalán, e réxese por uns estatutos e unha xunta directiva, que estivo presidida por personalidades da numismática tan salientables como Leandre Villaronga i Garriga (1979-1996) e Miquel Crusafont i Sabater (desde 1996).[3]

Publicacións

Medalles conmemoratives dels Països Catalans i de la Corona catalano-aragonesa (S. XV-XX), de Miquel Crusafont, publicada pola Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos en 2006

A institución publica libros e monografías sobre a súa especialidade. Ata 2015 levou a cabo a edición de 26 de obras monográficas que corresponden ao estudo das moedas catalás desde a antigüidade ata a Idade Moderna. Son de salientar traballos que versan sobre moeda ibérica como é o caso de diversos dracmas ou as moedas de Empuries dos séculos V a IV a. de C., así como outros que se encargan da análise da moeda catalá dos períodos carolinxio e condal, ou do florín catalán xa nos séculos XIV a XV, ou da moeda catalá local dos séculos XIII a XVIII. Tamén se ocupou da publicación de traballos máis xerais, como a compilación dos artigos ata daquela esparexidos de Joaquim Botet i Sisó, ou ben obras que abranguen o estudo sistemático das emisións dunha localidade ou dunha área xeográfica en todas as épocas, do que é exemplo o libro Les monedes de Tarragona. Outros dos investigadores que publicaron obras son Miquel Crusafont, Pere Pau Ripollès, Ian Carradice ou Leandre Villaronga, entre outros.[4]

Con periodicidade anual publícase Acta Numismàtica, revista especializada de arredor de trescentas páxinas cun contido de temática variada, que abrangue desde as moedas da antigüidade ata a moeda contemporáena.[5]

A colección Complements d'Acta Numismàtica inclúe unha xeira de estudos que, con base nos artigos publicados en Acta Numismàtica, afondan neses contidos e achegan importantes novidades ao respecto.[6]

As publicacións de Història monetària catalana son de carácter monográfico e fan a énfase en períodos ou producións relacionados con Cataluña.[7]

A colección Medallistes catalans ten como obxectivo documentar e compilar a obra dos principais medallistes de Cataluña. A colección comeza co estudo do escultor Eusebi Arnau, un dos maiores expoñentes da escultura modernista e figura capital da medallística catalá.[8]

Coa epígrafe de Publicacions singulars, a SCEN agrupa as edicións froito de traballos colectivos, como xornadas, simposios ou reedicións de estudos anteriores e que son unha referencia no campo numismático, entre outros.[9]

Notas

  1. "Societat Catalana d’Estudis Numismàtics". En Enciclopèdia.cat.
  2. "Societat Catalana d'Estudis Numismàtics Arquivado 24 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". No sitio web do Instituto de Estudos Cataláns.
  3. "Presentació". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.
  4. "Publicacions". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.
  5. "Acta Numismàtica". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.
  6. "Col·lecció «Complements d’Acta Numismàtica»". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.
  7. "Història monetària catalana". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.
  8. "Col·lecció «Medallistes catalans» Arquivado 04 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.
  9. "Publicacions singulars". Societat Catalana d'Estudis Numismàtics.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!