É a entidade asociativa de índole numismático máis antiga de toda Escandinavia.[1]
En 2008 accedeu á súa presidencia Jan-Olof Björk, de Växjö.[2]
Actividade
A Sociedade Numismática Sueca publica desde 1874 a revista Numismatiska meddelanden ("Mensaxes Numismáticas").[1]
En 1977 adquiriu, ademais, a revista Myntkontakt, que cambiou o seu nome a Svensk numismatisk tidskrift ("Revista Numismática Sueca"). Publícanse oito números anuais desta revista, que lle é entregada gratuitamente aos membros da sociedade.[1][3]
A SNF edita tamén Numismatiska Meddelanden ("Ensaios Numismáticos"), que, á parte dos artigos en sueco, contén tamén colaboracións en inglés, alemán e francés.[1][4]
Ademais do seu labor editorial, a Sociedade Numismática Sueca organiza poxas numismáticas unha ou dúas veces por ano destinadas á participación dos seus asociados, cuxos lotes son descritos en Svensk numismatisk tidskrift e tamén a través de Internet.[1]
Outra das súas actividades é a cuñaxe de medallas conmemorativas, que superan xa as 85, moitas delas dedicadas a nimismáticos suecos dos últimos catro séculos.[1][5]
Á parte de diversas bolsas económicas e premios menores para os seus asociados, a Sociedade Numismática Sueca concede dous premios de relevancia internacional:[8]
Medalla Gustav VI Adolf
Medalla á investigación numismática. Con motivo do centenario da institución, a SNF instituíu este galardón en 1973, que leva o nome do monarca sueco co seu consentimento oficial. Inicialmente a medalla era de ouro e a partir de 1981 comezou a facerse en prata dourada. Entrégase anualmente, unicamente se se considera que se dan motivos excepcionais para o facer, a unha persoa sueca destacada polas súas investigacións numismáticas ou ben a unha estranxeira que se distinguise polas súas investigacións sobre a moeda nórdica, preferiblemente sueca. [9]
Medalla ao mérito numismático. Trátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia. De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro.[10]