É recoñecido internacionalmente como un dos pioneiros da técnica arqueolóxica da tipoloxía. Traballou tanto en arqueoloxía como en numismática, principalmente da Idade Media, e xunto co seu pai e o seu colega Oscar Montelius (1843-1921),[1] está considerado un dos pais da arqueoloxía sueca.
Traxectoria
Primeiros anos e formación
Hans Hildebrand naceu en 1842 na parroquia de María Madalena, na illa Södermalm de Estocolmo, fillo de Anna Mathilda Ekecrantz e de Bror Emil Hildebrand. O seu irmán foi o historiador Emil Hildebrand (1848-1919).[2][3][4]
No Congreso Internacional de Arqueólogos celebrado en Estocolmo en 1874, Hildebrand actuou como secretario xeral.[2]
Desde 1895 ata o seu falecemento, Hildebrand foi director xeral da Academia Sueca.[6] De 1879 a 1907 exerceu tamén como secretario da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades, e nese mesmo período responsabilizouse igualmente da Dirección Nacional do Patrimonio (Riksantikvarieämbetet). Durante a súa estadía na Academia das Letras contribuíu á fundación da revistaFornvännen, e en 1880 creou o Arquivo Topográfico Anticuario, un estudo arqueolóxico de Suecia, ordenado por paisaxes, distritos e parroquias.[2]
En 1896 pronunciou unha das conferencias Rhind, da Sociedade de Anticuarios de Escocia, acerca das "As artes industriais de Escandinavia na época pagá".[7][8]
O seu labor na arqueoloxía e na numismática outorgoulle un amplo recoñecemento internacional. Foi comisionado sueco na Exposición Xeográfica de Venecia en 1881 e desempeñou un importante papel na Sociedade Sueca de Antropoloxía e Xeografía,[12] da que foi secretario de 1878 a 1879, presidente en 1888 e vicepresidente en 1895. Na Sociedade Real para a Publicación de Manuscritos Relacionados coa Historia de Escandinavia foi secretario durante 30 anos, entre 1866 e 1896.[2]
Por outra banda, Hildebrand contribuíu ao desenvolvemento do movemento feminista, como orador durante dúas décadas (1884-1903) na Asociación Fredrika Bremer, fundada por Sophie Adlersparre, e asinou unha declaración sindical en 1899 favorable ao sufraxio feminino. Por outra banda, tamén traballou intensamente como portavoz da Asociación Sueca de Turismo durante máis de 20 anos (1887-1909).[2]
Vida persoal
Hildebrand casou en 1867 con Elin Maria Charlotta Martin (1845-1923), con quen tivo sete fillos, entre eles o historiador Karl Hildebrand (1870-1952) e a filántropa Hedvig Elisabeth Carlander (1875-1961)—.[3][14][15]
Hans Hildebrand finou en Estocolmo o 2 de febreiro de 1913.[2][3]