Sir Sidney Poitier Nacemento 20 de febreiro de 1927 Miami, Estados Unidos de América Morte 6 de xaneiro de 2022 (94 anos)Os Ánxeles, Estados Unidos de América Ambassador of the Bahamas (en) UNESCO 2002 – 2007 Ambassador of the Bahamas (en) 1997 – 2007
Grupo étnico Afroamericano Relixión Deísmo Altura 1,89 m Lugar de traballo Bahamas Ocupación actor de cinema , actor de teatro , actor de televisión , actor , director teatral , produtor de televisión , autor , produtor de cinema , director de cinema , escritor , diplomático , autobiógrafo , realizador Período de actividade 1943 - 2001 Membro de Rama militar Exército dos Estados Unidos de América Conflito segunda guerra mundial Cónxuxe Joanna Shimkus (1976–) Juanita Hardy (1950–1965) , divorcio Parella Diahann Carroll (1959–1968) Fillos Sydney Tamiia Poitier ( ) Joanna Shimkus Descrito pola fonte Obálky knih ,
Sir Sidney Poitier , KBE , nado en Miami (Florida ) o 20 de febreiro de 1927 e finado nas Bahamas o 6 de xaneiro de 2022 ,[ 1] [ 2] foi un actor , director de cine , escritor e diplomático bahamés -estadounidense .
Traxectoria
Comezou a facerse coñecer nos seus traballos como protagonista en varios filmes onde desafiaba conscientemente os estereotipos raciais e daba unha nova credibilidade ós actores negros .
En 1963 , Poitier acadou o premio Oscar ó mellor actor polo seu papel no filme Lilies of the Field , sendo ademais o primeiro afroamericano en facelo.[ 2] A importancia deste fito consolidouno como actor de renome, e en 1967 chegou a facer o papel principal de tres filmes que conseguiron o récord de recadación dese ano: To Sir, with Love , Na calor da noite e A que non sabes quen vén cear esta noite? .
Como director, Poitier levou a cabo varios filmes que acadaron popularidade como Uptown Saturday Night , Let's Do It Again (xunto co seu amigo Bill Cosby ) e Stir Crazy con Richard Pryor e Gene Wilder .
No 2002 , 38 anos despois de gañar, Poitier foi homenaxeado pola Academia co Óscar Honorífico en recoñecemento "das súas notábeis contribucións como artista e como ser humano".
Dende 1997 a 2007 traballou como embaixador das Bahamas no Xapón .
En 2016, a Academia Británica de Cine e Televisión outorgoulle, na 69ª edición, un BAFTA honorífico pola súa contibución á industria cinematográfica.[ 2]
Filmografía
Director de cinema
Poitier (esquerda) con Harry Belafonte (centro) e Charlton Heston (dereita)durante a Marcha sobre Washington , o 28 de agosto de 1963 .
Actor de televisión
Actor de cinema
Obra escrita
Autobiografías
Poitier ten publicado tres libros autobiográficos :
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas