Sherwood Anderson (1933) |
|
Nacemento | 13 de setembro de 1876 Camden, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 8 de marzo de 1941 (64 anos) Colón, Panamá |
---|
Causa da morte | morte accidental, peritonite |
---|
Lugar de sepultura | Round Hill Cemetery (en) |
---|
Educación | Wittenberg University (en) |
---|
|
Ocupación | escritor, novelista, escritor de contos, poeta, xornalista |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Autobiografía |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Tennessee Mitchell Anderson (1916–1924), divorcio Eleanor Gladys Copenhaver |
---|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Encyclopedia of American Urban History (2007 edition) (en) , (sec:Anderson, Sherwood, p.32-33) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Андерсон Шервуд) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
---|
|
Sherwood Anderson, nado en Camden (Ohio) o 3 de setembro de 1876 e finado en Colón (Panamá) o 8 de marzo de 1941, foi un escritor estadounidense.
Traxectoria
Naceu en Camden, Ohio, terceiro fillo de Erwin M. Anderson e Emma S. Anderson. Despois de fallar o negocio de seu pai, a familia cambiou frecuentemente de residencia ata asentar en Clyde, Ohio en 1884. As dificultades financeiras levaron ao seu pai ao alcoholismo, a súa nai morreu en 1895, debido a isto Anderson tivo que se poñer a traballar para axudar á súa familia.
Trasladouse a Chicago preto do seu irmán, traballou como obreiro ata que se alistou no exército e partipou na Guerra Hispano-Americana, despois da guerra, traballou con seu irmán nunha editorial en Springfield, Ohio.
En 1900 ingresou na Academia Wittengurg ao tempo que se aseguraba un traballo como copista en Chicago, o que lle deu estabilidade económica e permitiulle en 1904 casar coa filla dunha familia rica de Ohio, tivo tres fillos e trasladouse a vivir a Cleveland e abriu varios negocios, en novembro de 1912 desapareceu durante catro días, o que el describiu como unha fuxida da súa existencia materialista, regresou a Chicago e divorciouse, disposto a cambiar a súa existencia.
En 1914 publicou a súa primeira novela, Windy McPherson's Son, aínda que sobre todo coñécese pola súa coleccións de relatos, Winesburg, Ohio. Os seus temas compáranse aos de T.S. Eliot, malia que os seus relatos foron moi populares el sentiu a necesidade de escribir novelas, aínda que tiveron menos éxitos cós seus relatos.
Obras
- Windy McPherson's Son (1916), novela.
- Marching Men (1917).
- American Chants (1918), prosa poética.
- Winesburg, Ohio (1919), relatos. Tradución de Carlos Valdés García (Irmás Cartoné, 2024).
- Poor White (1920).
- O triunfo do ovo (The Triumph of the Egg) (1921). Tradución de Carlos Valdés García e Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné, 2015).
- Many Marriages (1923).
- Horses and Men (1923).
- Dark Laughter (1925), novela.
- A Story Teller's Story 1924, autobiografía.
- A Midwest Childhood (1926).
- Beyond Desire (1932).
- Death in the Woods (1933).
Véxase tamén
Ligazóns externas