Sara Casasnovas Pumar, nada en Ourense o 10 de xaneiro de 1984, é unha actriz e directora[1] galega.
Biografía
Formouse como actriz na Escola de Arte Dramática Casa Hamlet, da Coruña, e na Sala Cuarta Pared, de Madrid. Asistiu a cursos de cabaré, voz, expresión corporal ou danza clásica entre outros.
Comezou a súa carreira participando en distintas series, coma Miña sogra e máis eu ou Maridos e mulleres, e curtametraxes de ámbito galego para máis tarde dar o salto a nivel estatal, onde destacou en primeiro lugar pola súa participación na serie El Comisario no papel de Natalia. Máis tarde, converteuse na protagonista de Amar en tiempos revueltos (TVE, 2007-2009) como Alicia, e en (2009) participou na serie Hospital Central, interpretando o papel da médico residente Jose.
No cinema, o seu traballo máis relevante foi o filme Días azuis, de Miguel Santesmases.
En xuño de 2009 foi atacada por un fan que tentou dispararlle cunha bésta á saída do teatro onde interpretaba a obra La noche de la iguana, desagradable incidente que quedou nun susto.
Intérprete
Televisión
- A miña sogra e mais eu (2004, TVG). Como Carol.
- A Atlántida (2005, Telefilme)
- As leis de Celavella (2005, TVG).
- A vida por diante (2005, TVG).
- Maridos e mulleres (2006, TVG). Como Celia.
- El Comisario (2006, Telecinco). Como Natalia.
- SMS (2007). Como Sara.
- Amar en tiempos revueltos (2007-2008, TVE). Como Alicia Peña.
- Hospital Central (2009, Telecinco). Como Jose Velasco.
- Serramoura (2014, TVG). Como Mónica Triáns.
- Sin identidad (2015, Antena 3). Como Marta Ibarguren.
- Centro médico (2017, TVE).
- Chegar a casa (2021, RTP). Como Lola.
Cinema
- AM:PM, curtametraxe de Javier Lucas Rodriguez.
- Te encontré, de Susana Pérez.
- Por el amor de Dios, de Javier Cea.
- Retrato - Curtametraxe
- Promesas
- Servicio de lavandería
- Álex y yo (mediametraxe)
- Días azuis (2006), de Miguel Santesmases.
- Adiós, muñeca (2009) de Hugo Sanz.
- Sinbad (2011) de Antón Dobao.
- Tercer grado (2015), de Geoffrey Cowper.
- Kiki, el amor se hace (2016), de Paco León.
- Elisa e Marcela (2019) de Isabel Coixet.
- Los días que no estuve (2021), de Samuel Rios y Valles.
- In the Light of the Moon (2021), de Leah Welch.
Teatro
Premios e nomeamentos
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2007 |
Mellor actriz |
Romeo e Xulieta |
Gañadora
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas