Santo André de Cesar é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Caldas de Reis. Segundo o IGE en 2011 tiña 667 habitantes (364 mulleres e 303 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 785 habitantes.
Linda coas parroquias de Troáns en Cuntis, Saiáns en Moraña, Arcos da Condesa, Caldas de Reis (San Tomé e Santa María), Bemil e San Clemente de Cesar en Caldas de Reis
Aboi | O Aguiúncho | A Baxe | Nodar | Paradivas | Reirís | A Requeixada | Segade de Arriba
Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)