Moraña

Modelo:Xeografía políticaMoraña
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′46″N 8°35′08″O / 42.5627, -8.5856
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalSanta Lucía de Moraña Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.126 (2023) Editar o valor en Wikidata (99,42 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie41,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude320 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Luís Gómez Fontenla (2023–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Moraña Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36660 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36032 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmorana.org… Editar o valor en Wikidata

Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».

Xeografía

Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.

Poboación

Censo total 2014 4.362 habitantes
Menores de 15 anos 588 (13.48 %)
Entre 15 e 64 anos 2.732 (62.63 %)
Maiores de 65 anos 1.042 (23.89 %)
Evolución da poboación de Moraña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.975 4.421 4.810 4.698 4.281
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.

En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer [1].

Cantigueiro
  • Ai aldea de Soar,/ non é unha que son todas,/ poñen dous pares de medias/ para ter as pernas gordas [2]
  • Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella [3].
  • Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [4].
  • Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [5].
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [6][7].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

Lugares de Moraña

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.

Notas

  1. Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía.
  2. Soar é unha aldea de San Lourenzo de Moraña. Fonte: Xavier Castro.
  3. Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil
  4. Fermín Bouza Brey 1929, 189. No orixinal: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.
  5. A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.
  6. Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña. Bouza Brey 1929, 184.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
  8. Bouza Brey 1929, 184.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!