Santa María de Santa Mariña é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 102 habitantes (49 homes e 53 mulleres), un máis ca no ano anterior.
A parroquia, xunto coa de Cela, está incluída na ruta das Insuas do Miño, que ao pé do río Miño percorre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. No ano 2002 foi declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Concentración de mámoas (14/15) no Monte de Santa Mariña. Achado dunha ara prerromana en Sinoga. Catro casas señoriais: o Pazo de Mirapeixe, orixe dunha das máis prestixiosos liñaxes lucenses, os Gaioso; a Casa do Rei, con escudo de armas e pombal; a casa de Garrido e a casa de Abelleira. Ponte sobre o Miño, construída no século XVIII sobre outra de orixe medieval.
Felpás | Guimarei | O Pedragoso | Santa Mariña | Sinoga
Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)