Santa Eulàlia de Ronçana é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
O concello atópase na conca do río Tenes. Ademais deste río existen diferentes cursos de auga de tendencia irregular. A orografía é suave e predominan as chairas. Tradicionalmente nunca existiu un núcleo de poboación determinante, distribuíndose os habitantes, primeiro en masías, e nos tempos modernos en urbanizacións.
Existen restos que testemuñan a presenza do home dende o Neolítico. Grazas á fertilidade do chan a zona foi sempre densamente poboada, primeiro polos iberos e logo polos romanos. Na idade media foron erixidas moitas ermidas e igrexas que aínda hoxe sobreviven. Trala guerra civil española, no 1982 constituíuse a Mancomunidade do Val do Tenes, organismo formado por Santa Eulàlia de Ronçana, Bigues i Riells del Fai, Lliçà d'Amunt e Lliçà de Vall, coa intención de xestionar os servizos comúns e recuperando os vínculos tradicionais entre poboacións.