Sakura Haruno

Naruto
Nome real Haruno Sakura
Idade 12/13
Altura 148,5 cm-150,1 cm
Peso 35,4 kg-35,9 kg
Ocupación Gennin
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Lume
Mestre Kakashi Hatake
Equipo Equipo 7
Relevancia Personaxe principal
Seiyū Chie Nakamura.[1]
Naruto: Shippūden
Nome real Sakura Haruno
Idade 15[2]
Altura 161 cm[2]
Peso 45,4 kg[2]
Ocupación Chūnin
Aldea Aldea Oculta da Folla
País País do Lume
Mestre Kakashi Hatake, Tsunade
Equipo Equipo 7
Relevancia Personaxe principal
Seiyū Chie Nakamura.[1]
Jutsu
Estatísticas

Sakura Haruno (春野サクラ Haruno Sakura?) é unha personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O seu nome traducido ó galego sería «botón de cereixeira» (サクラ?, Sakura) e «campo de primavera» (春野?, Haruno). Kishimoto comentou que tivera dificultades no debuxo de certas partes do aspecto desta personaxe, principalmente pola súa gran fronte.[3][4]

Tanto no manga coma no anime, Sakura é unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e forma parte do «Equipo 7», composto por Naruto Uzumaki, Sasuke Uchiha e o seu líder e sensei, Kakashi Hatake; aínda que logo Sasuke abandona o equipo e foi substituído por Sai. Inicialmente, Sakura ten un grande entusiasmo cara a Sasuke, louvándoo a cada intre, pero un desprezo cualificativo cara a Naruto. Porén, co transcurso da serie, medra máis a súa aceptación e aprecio cara Naruto, pois en Naruto: Shippūden comeza a desenvolver un vínculo máis estreito cara a el, xa que ambos comparten o obxectivo de traer a Sasuke de volta ó seu equipo.

Ó ser unha das personaxes principais, Sakura aparece na maioría dos filmes da serie así como noutros medios relacionados coa franquía, entre eles videoxogos e animacións orixinais. Ademais, numerosas publicacións de manga e anime eloxiaron e criticaron a personaxe. Inicialmente observárase unha personaxe dun manga shōnen que serviu como interese amoroso do protagonista.[5][6] A pesar de que a aparición desta personaxe non avanzara moito na serie, logrou acadar os primeiros postos en varias enquisas.[7] Asemade, lanzáronse no mercado múltiples accesorios en semellanza a Sakura, incluíndo bonecas de felpa e chaveiros.[8][9][10]

Creación e concepción

Aínda que Sakura é a personaxe feminina máis recorrente en Naruto, orixinalmente Masashi Kishimoto non a creou para que fose «unha heroína». A creación de Sakura foi o resultado do desexo de Kishimoto por facer unha personaxe un pouco irritable,[3] e a pesar destes elementos, o mangaka considerase a si mesmo afeccionado a Sakura, xa que a súa personalidade é común entre tódalas persoas, dándolle así un senso máis realista á personaxe.[11] Asemade, cando se lle preguntou ó autor nunha entrevista sobre se Sakura tiña un pasado que non fora revelado, este explicou que sempre pensou nela como unha «rapaza normal».[12]

No deseño de Sakura, Kishimoto centrouse na súa silueta e creou un vestiario tan sinxelo como lle foi posible. O igual que a súa falta de experiencia no debuxo de heroínas, Kishimoto carecía da experiencia necesaria para facer a Sakura «bela», sendo a característica física máis coñecida de Sakura a súa ampla fronte. Por tal motivo, Kishimoto ás veces céntrase na preparación de escenas de arte onde destaque a kunoichi.[4] No deseño da aparencia da personaxe en Naruto: Shippūden, Kishimoto decidiu trocar a súa roupa para que fose un exemplo máis vivo do estilo karateca. Porén, semellante ó deseño anterior, co fin de conseguir darlle unha aparencia máis feminina.[2]

Personalidade

Ó comezo da serie, Sakura ten un profundo entusiasmo por Sasuke Uchiha, principalmente na súa boa planta, «actitude fresca» e o seu prodixioso talento. Debido a isto, nas súas primeiras aparicións, Sakura adícase a intentar gañar o afecto deste.[13] Namentres avanza a historia e comeza a pasar máis tempo con Sasuke como compañeiro de equipo, Sakura desenvolve unha preocupación de que algún día el abandonaría a Aldea Oculta de Konoha en busca de poder.[14] Cando o seu temor se fai realidade ó final da primeira parte, Sakura fai todo o que pode para deter a saída de Sasuke, pero foi imposible. Dende entón, Sakura fai o seu obxectivo principal poder atopar a Sasuke, o cal convértese nun elemento recorrente no seu papel na segunda parte.[15] Aínda que se preocupa polo seu benestar,[16] e non permite que outros o insulten,[17] Sakura está disposta a atacar a Sasuke se este non quere regresar a Konoha.[18]

A relación de Sakura con Naruto, ó igual que con Sasuke, vai cambiando no transcurso da serie. A primeira vez que estiveron xuntos, a kunoichi opinaba que Naruto «era un idiota que deliberadamente trataba de arruinarlle a vida».[13] Naruto amosa o seu valor como ninja, así como a súa adicación polos seus compañeiros de equipo e Sakura decátase que a súa percepción inicial estaba errada.[19] Por outra parte, en Sakura reside un «Inner Sakua», unha manifestación das súas verdadeiras emocións. Ademais de alivio cómico, Inner Sakura representa a verdadeira opinión sobre as cousas.[13] A aparencia desta manifestación acostuma ser marcada por un sinal de exclamación de «Shānnarō» (しゃーんなろー?).

Historia

Primeira parte

Sakura acompaña ó resto do «Equipo 7» durante a totalidade das súas primeiras misións.[1] Aínda que fai pouco para contribuír nas loitas que teñen lugar, colocándose á marxe en todas elas e permitindo que o resto do seu equipo a protexa e derroten ós seus inimigos. Durante os «Exames Chūnin,» cando o resto dos seus compañeiros quedan feridos, Sakura decátase de que depende dos outros para poder loitar.[20] Así pois, decide mellorar as súas habilidades ninja para poder protexer ós seus amigos,[21] e no resto da serie toma un papel máis activo nas batallas do seu equipo. Porén, despois da fuxida de Sasuke de Konoha, Naruto vai tras del para traelo de volta, e debido ás poucas capacidades de Sakura para poder axudar, faise estudante de Tsunade.[15]

Segunda parte

Sakura toma un papel máis activo na segunda parte, como se ve na batalla contra Sasori, un dos membros máis poderosos da Akatsuki, e coa axuda de Chiyo logra saír vitoriosa.[22] Como resultado disto, Sasori revélalle que ten un espía vixiando a Orochimaru, e que ía atoparse con este na Ponte do Ceo e a Terra, podendo saber por medio disto a localización de Sasuke.[23] Naruto, Sakura, e os novos membros do «Equipo 7» —Yamato e Sai— empregan esta pista para buscar a Sasuke, pero unha vez máis non son quen de impedir que fuxa.[24] Posteriormente, cando Pain e Konan invaden a Aldea Oculta de Konoha,[25] Pain atópase con Tsunade, e este emprega unha poderosa técnica que destrúe case toda Konoha dunha explosión, «Shinra Tensei». Sakura logra salvarse grazas a miles de Katsuyu que Tsunade invocara para curar e protexer ós aldeáns.[26] Máis tarde, decátase de que Hinata, que intentara salvar a Naruto, queda ferida.[27] Neji e Tenten logran rescatar a Hinata, e Sakura comeza a curala.[28] Posteriormente, Sakura xunto a Sai decide ir a buscar a Naruto, quen á súa vez fora falar co Raikage para que retirara a Sasuke do «Libro Bingo».[29] Ó chegar ata onde se atopaba Naruto, decláralle o seu amor —parte do plan para impedir que Naruto avanzara e se dirixise cara Sasuke— pero este non llo cre e di que se engana a si mesma. Así, non ten máis remedio que enganar a Naruto dicíndolle que volvía á aldea cando en realidade ía a por Sasuke. Despois de atopar a Sasuke, a kunoichi intenta asasinalo, pero non o consegue e Kakashi aparece no seu rescate. Despois dun curto enfrontamento entre Naruto e Sasuke, ambos equipos regresan ás súas respectivas aldeas.[30]

Habilidades

Tanto no manga como no anime, Sakura ten un gran control do chakra.

Durante a primeira parte, as habilidades de Sakura son case nulas, a pesar de que ten un amplo control do seu chakra,[31] como se demostra durante as poucas batallas nas que participa.[32] Porén, non é ata a segunda parte na que aprende a empregar esta capacidade ó seu favor.

Despois do seu adestramento con Tsunade durante dous anos e medio, Sakura adquire dúas habilidades que dependen directamente dun control de chakra preciso. A primeira e máis común destas dúas é a súa habilidade para curar as feridas, dándolle o rango no seu equipo de ninja médico e debido á velocidade para curar a outros, Sakura é unha dos máis talentosos ninjas médicos.[33] Asemade, ó ser unha ninja médico, o seu equipo non pode deixar que se enfronte nas batallas, posto que se sae ferida, o seu equipo corre o risco de morrer.[34] Por outra banda, a segunda habilidade é a súa forza sobrehumana.[35]

Misións feitas

Durante o transcurso da historia Sakura fixo as seguintes misións, co resto do Equipo 7:[2]

  • Misións D: 7
  • Misións C: 1
  • Misións B: 2
  • Misións A: 6
  • Misións S: 0

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (17 de outubro de 2002). "宿敵!?サスケとサクラ". Naruto. Episodio 3. TV Tokyo. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Kishimoto, Masashi (2008). Hiden: Sha no Sho - Character Oficial Databook. Japón: Shūeisha. ISBN 978-4-08-874247-2. 
  3. 3,0 3,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. Viz Media. p. 140. ISBN 1-4215-1407-9. 
  4. 4,0 4,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. Viz Media. p. 122. ISBN 1-4215-1407-9. 
  5. Ross, Christina. "THEM Anime Reviews 4.0 - Naruto" (en inglés). T.H.E.M. Anime Reviews. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  6. Dodson, Joe (13 de outubro de 2007). "Franchise Player: Naruto" (en inglés). GameSpot. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  7. White, Charles (27 de outubro de 2007). "IGN: ¡Formación: La Recuperación de Sasuke!". IGN. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  8. "Naruto: Xoguetes e xogos de Sakura" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  9. "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  10. "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura (Naruto: Shippūden)" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  11. Kishimoto, Masashi (2000). Naruto, volume 3. Shūeisha. p. 146. ISBN 4-08-872898-X. 
  12. "Shonen Jump". Shonen Jump, (VIZ Media) 7 (11): 11. novembro de 2009. ISSN 1545-7818. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Kishimoto, Masashi (2003). "Capítulo 3". Naruto 1. Shūeisha. ISBN 9781421587325. 
  14. Kishimoto, Masashi (2003). "178". Naruto 20. Shūeisha. pp. 142–143. ISBN 9781421516554. 
  15. 15,0 15,1 Kishimoto, Masashi (2003). "Capítulo 236". Naruto, volume 17. Shūeisha. ISBN 4-08-873420-3. 
  16. Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 311". Naruto, volume 35. Shūeisha. ISBN 4-08-874273-7. 
  17. Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 286". Naruto, volumen 32. Shūeisha. ISBN 4-08-874039-4. 
  18. Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 308". Naruto, volume 34. Shūeisha. ISBN 4-08-874138-2. 
  19. Kishimoto, Masashi (2002). "Capítulo 105". Naruto, volume 12. Shūeisha. pp. 109–110. ISBN 4-08-873259-6. 
  20. Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (7 de maio de 2003). "サクラ咲く!決意の後ろ姿". Naruto. Episodio 32. TV Tokyo. 
  21. Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 54". Naruto, volume 6. Shūeisha. pp. 168–170. ISBN 4-08-873089-5. 
  22. Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (30 de agosto de 2007). "叶わぬ夢". Naruto: Shippūden. Episodio 27. TV Tokyo. 
  23. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 275". Naruto, volume 31. Shūeisha. ISBN 4-08-874002-5. 
  24. Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 309". Naruto, volume 34. Shūeisha. ISBN 4-08-874138-2. 
  25. Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 419". Naruto, volume 45. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874627-2. 
  26. Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 430". Naruto, volume 46. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874663-0. 
  27. Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 438". Naruto, volume 47. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874711-8. 
  28. Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 442". Naruto, volume 47. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874711-8. 
  29. Kishimoto, Masashi (2010). "Capítulo 459". Naruto, volume 49. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874784-2. 
  30. Kishimoto, Masashi (2010). "Capítulo 488". Naruto, volume 52. Shūeisha. ISBN 978-4-08-870084-7. 
  31. Kishimoto, Masashi (2000). "Capítulo 18". Naruto, volume 3. Shūeisha. pp. 16—17. ISBN 4-08-872898-X. 
  32. Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 90". Naruto, volume 10. Shūeisha. p. 162. ISBN 4-08-873197-2. 
  33. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 271". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0. 
  34. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 270". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0. 
  35. Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 265". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!