Naruto The Movie: Ninja Clash in the Land of Snow (劇場版 NARUTO 大活劇! 雪姫忍法帖だってばよ!! Gekijōban Naruto Daikatsugeki! Yukihime Ninpōchō dattebayo!!) é un filme de animación xaponés dirixido por Tensai Okamura e escrito por Katsuyuki Sumisawa que foi estrado no 2004. Baséase no anime Naruto creado por Masashi Kishimoto.
Sinopse
A actriz e ídolo de Naruto, a controvertida Yukie Fujikaze, é en realidade a herdeira ó trono no país da Neve, o cal se atopa baixo o xugo do seu severo tío e os seus secuaces. Naruto, Sasuke e Sakura, acompañados polo mestre Kakashi e a compañía cinematográfica, levarán de volta ó seu país á princesa Yukie baixo o pretexto de rodar alí unha escena, pero Yukie non estará moi disposta a regresar á súa terra natal.
Personaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas