Akatsuki (暁, Amencer?) é unha organización criminal ficticia do manga Naruto. Está composta por ninja de alto nivel desterrados das súas vilas de orixe. Durante a primeira tempada o grupo non leva moita atención, sendo os principais antagonistas na segunda parte.
Características
Os membros de akatsuki caracterízanse pola súa longa vestimenta de cor escura con abodíos de nubes vermellas. Cada membro posúe un anel senlleiro, o cal simboliza a cada membro do grupo.Os ninja forman equipos de dous, e xuntos viaxan polo mundo na procura dos seus obxectivos. A pesar do compañeirismo, os membros teñen unha tensa relación co seu par, co que cooperan só para completar as súas tarefas. Orochimaru rexeitou proseguir na organización antes de comezar a historia da serie e os Akatsuki nunca pasaron de nove polo de agora.
Creación e obxectivo
A orixe de Akatsuki débese a Madara Uchiha. Aínda que o seu líder na práctica é Pain, máis tarde soubemos que Tobi en realidade lle daba ordes. Descoñécese cando se creou e quen o integraba ó principio, cales foron cambiando conforme desertaban ou cales foron eliminados durante as misións.
Dende a primeira aparición dos membros de Akatsuki na historia, Itachi Uchiha e Kisame Hoshigaki, á súa chegada a Konoha, sábese que teñen interese polo Kyūbi que alberga Naruto. Esta besta é a máis poderosa dun grupo de criaturas lendarias, os nove Bijū, cuxo poder está determinado polo seu número de colas. Unha das intencións da organización é prendelos a todos.
Máis tarde Pain desvela que, aínda que a organización se atopa nestes intres recompilando a tódolos Bijū e amoreando unha grande fortuna, isto só é unha primeira fase do seu plan. O seu obxectivo final é a creación dun exército de mercenarios ninja que non dependa de ningunha nación, co cal poderán afiuzarse coma líderes no mercado de misións: logo usando aos Bijū, poderían crear guerras á súa medida, nas que soamente eles terán capacidade de intervir. Deste xeito pretenden impor o seu dominio a tódalas nacións e Aldeas Ocultas ninja. Unha vez acadado, o seguinte e derradeiro paso é a conquista do mundo.
Unha vez completada a extracción do Shukaku de Gaara, e trala extracción de Nibi (bijū de dúas colas) e o selado de Sanbi (de tres colas), só fican tres bestas por capturar, sendo unha delas o Kyūbi. Máis tarde Itachi e Kisame capturan ao Bijū de catro colas e mencionan que a súa próximo obxectivo é o de oito colas. Con todo, Pain revela que os Bijū serán usados para crear un novo jutsu prohibido, utilizalo contra unha nación para destruíla e, polo medo de tódolos países, traer a paz a este mundo.
Estrutura da organización
Akatsuki no comezo estaba integrada por 10 membros, que foron sendo substituídos conforme deixaban o grupo ou eran eliminados nas misións. Trala marcha de Orochimaru ao ingresar Itachi Uchiha á organización, Akatsuki componse de 9 integrantes, o lugar de Orochimaru non foi trocado porque o seu anel inda non foi recuperado, a pesar de que este se atopa actualmente selado nun genjutsu eterno pola espada de Totsuka.
Criterios básicos para entrar na organización
Os criterios exactos para ser admitido no grupo son descoñecidos, pero requírense unhas extraordinarias capacidades de loita, así como trazos únicos, en canto a técnicas e habilidades. Algúns dos seus membros tiveron que levar a cabo probas ou misións antes de poder ingresar no grupo. Sasori di, durante o seu combate contra Chiyo e Sakura, no que atoparía a morte, que non pasara por algo tan difícil desde que se uniu a Akatsuki. Outro requisito é cometer un crime histórico para a Aldea que o sufriu. Así, o masacre do Clan Uchiha a mans de Itachi Uchiha, a desaparición e posterior asasinato do Terceiro Kazekage do cal Sasori se faría responsábel, a morte de Salamandra Hanzo, o antigo líder da Aldea Oculta da Choiva, cos seus familiares e seguidores por Pain, ou a matanza acontecida na Aldea Oculta das augas termais por parte de Hidan. Así mesmo o asasinato dun señor feudal do País da auga a mans de Kisame Hoshigaki son exemplos do anterior. Outros, como Tobi, puideron entrar para encher ocos deixados por membros eliminados, neste caso Sasori, sen ningunha tarefa previa, só polo feito de conseguir un dos aneis da organización. Deidara, por outra banda, non parece encaixar en ningunha de devanditas categorías, xa que foi recrutado pola forza.
Os membros adoitan permanecer en activo até que caen en combate, coa excepción de Orochimaru, que decidiu abandonar Akatsuki porque a súa intención orixinal era obter o corpo de Itachi Uchiha, mais a gran forza deste e o seu Magekyō Sharingan fixéronlle desistir. Ao facelo levou o anel que lle caracterizaba como membro, que aínda conserva, polo que non foi substituído por ninguén.