Saint-Étienne

Modelo:Xeografía políticaSaint-Étienne
Vista aérea
Imaxe

AlcumeSainté Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°26′02″N 4°23′23″L / 45.4339, 4.3897
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoLoira, Francia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación172.569 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.157,92 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921758 Traducir
Q2374854 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie79,97 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Loira e Rio Furan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude515 m-422 m-1.117 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGaël Perdriau (2014–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal42100, 42000 e 42230 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Cavala (pt) Traducir
Târgu Neamț (pt) Traducir
Bobo-Dioulasso Editar o valor en Wikidata../... 24+

Sitio websaint-etienne.fr Editar o valor en Wikidata
Twitter: saint_etienne_ Instagram: villedesaintetienne BNE: XX5233074 Editar o valor en Wikidata

Saint-Étienne (en arpitano: Sant-Etiève) é unha cidade e comuna do centro-leste de Francia, capital do departamento de Loira, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.

Historia

Saint-Étienne foi, durante moito tempo, unha cidade secundaria, menos influente tanto no plano político como administrativo que Montbrison, que foi unha prefectura antes de que o fose Saint-Étienne, e que Feurs a capital do Loira de 1793 a 1795. En 1855 Saint-Étienne, grazas ao seu rápido desenvolvemento industrial e demográfico, converteuse na capital do departamento.

Desde o século XV Saint-Étienne foi un importante centro de produción metalúrxica (armas brancas, armas de fogo desde as guerras Italianas de Francisco I), e metalurxia menor, como a chamada quincallería. E, desde o século XVI desenvolveuse, tamén, a fabricación de cintas.

Durante o período da Revolución industrial, desenvolvéronse os oficios da metalurxia pesada e a explotación masiva das minas de carbón. Ao mesmo tempo, Saint-Étienne, converteuse na capital mundial da cinta, desbancando a Basilea.

A principios do século XX, a industria armamentística foi absorbida pola manufactura de armas de Saint-Étienne (MAS) no concernente ao material militar, e pola manufactura francesa de armas e ciclomotores (Manufrance), así como foron absorbidos numerosos artesáns fabricantes de fusís civís. Pese ao peche de Manufrance quedan, aínda, algúns artesáns.

A primeira vía ferroviaria de Europa continental foi construída a partir de 1823. Comunicaba Saint-Étienne con Andrézieux-Bouthéon e utilizouse para transportar o carbón das minas ata as beiras do Loira a partir do 30 de xuño de 1827. Entre 1830 e 1832 construíuse unha segunda vía ferroviaria que, a partir de 1831, transportaba aos viaxeiros entre Saint-Étienne e Lión. Barthélemy Thimonnier construíu a primeira máquina de vapor en 1830.

Saint-Étienne foi bombardeada o 26 de maio de 1944. Houbo preto de 1.000 mortos por mor dos disparos dunha escuadrilla de bombardeiros estadounidenses que querían destruír as numerosas fábricas que foran utilizadas polos nazis.

A partir da década de 1970 as industrias stéphanoises tiveron moitas dificultades e a cidade sufriu unha importante fochanca económica e demográfica. Dunha poboación de 225.825 habitantes en 1968, pasouse a 201.569 en 1990 e a 183.522 en 1999.

Economía

Saint-Étienne pasou durante a segunda metade do século XX por numerosas reestruturacións e peches industriais. Tras o peche de Manufrance, as minas de carbón de GIAT Industrias e as dificultades da industria do ciclomotor, Saint-Étienne estivo considerada como unha cidade en perigo. A súa actividade económica parece estar a se recobrar grazas ás iniciativas locais e rexionais do centro de innovación, manifestacións artísticas, e ao fortalecemento da súa influencia económica.

Lugares de interese

O notable patrimonio arquitectónico de Saint-Étienne, do século XIV e do século XX, mereceu o distintivo de cidade de Arte e Historia concedido en 2002. A Torre da Droguerie, a Bolsa de Traballo, o Concello, a Prefectura, a Manufactura de armas, a ponte ferroviaria máis antiga da Europa continental (clasificado como monumento histórico), e outros edificios, son un exemplo deste patrimonio excepcional. Tamén se pode visitar o castelo de Rochetaillée.

Saint-Étienne dispón, así mesmo, de máis de 700 hectáreas de parques e espazos verdes (os máis importantes son: o Xardín das Plantas, o Parque de Europa, o Parque Montaud e o Parque da Perrotiére), cheos de esculturas, obras de arte, especies de árbores.

A cidade ten tamén, un rico patrimonio en estatuas. Unha réplica da Estatua da Liberdade é visible desde o centro mesmo da cidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!