Os Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía son grupos de capelas e doutros elementos arquitectónicos realizados entre finais do século XV e finais do século XVII, consagrados a varios aspectos da fe cristiá nas rexións italianas de Piemonte e Lombardía. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo forma de frescos e de estatuas.
Os nove Sacri Monti son: