Abdullah Jafar Ibn Mohammad Rudaki (en taxico Абӯабдуллоҳ Ҷафар Ибн Муҳаммад Рӯдакӣ; en persa ابوعبدالله جعفربن محمدبن حکیمبن عبدالرحمنبن آدم رودکی), nado en Rudak (imperio Samánida) en 859 e finado no mesmo lugar arredor de 941, foi un poeta persa coñecido como Rudaki, Rudagi ou Rudhagi, primeiro grande autor da lingua persa moderna e considerado o fundador da literatura persa clásica.
A súa poesía contén moitos dos vellos xéneros da poesía persa, incluíndo o cuarteto,[1] mais só unha pequena porcentaxe da súa extensa obra sobreviviu.
Traxectoria
Naceu en Rudak, localidade de Transoxiana, actualmente rexión de Panjakent en Tadjiikistán. A maioría dos seus biógrafos din que era totalmente cego, aínda que non de nacemento. Foi o poeta da corte do emir samánida Nasr II (914-943) en Bukhara, mais crese que logo perdeu os seus favores e foi condenado á pena de cegueira por motivos relixiosos.[2]
Obra
Rudaki escribiu en todos os estilos poéticos, aínda que a súa temática preferida era a bucólica: na súa obra prevalece a ledicia e o optimismo. Consíderase Kalila wa Dimna, da que só se conservan fragmentos, a súa obra máis destacada.
Notas
↑Sassan Tabatabai, "Father of Persian Verse: Rudaki and His Poetry", Amsterdam University Press, 15 de febreiro de 2011.
↑"Omar Jayyam y su mundo". Rubaiyyat(en castelán). Introducción y traducción de Carlos Areán (5ª ed.). Madrid: Visor Libros. 2003. p. 39. ISBN84-7522-125-4.