Roque Dalton García, nado en San Salvador o 14 de maio de 1935 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1975, foi un poeta e revolucionario do Salvador.
Traxectoria
Fillo do inmigrante estadounidense Winnall Dalton e da enfermeira salvadoreña María Josefa García, Roque Dalton educouse cos xesuítas no Colexio Externado de San José.
É o creador da peza poética Poema de amor, onde narra en forma amena a historia dos salvadoreños.
Foi asasinado polos seus compañeiros do Exército Revolucionario do Pobo (ERP), a guerrilla á que pertencía nese momento, xunto a Armando Arteaga, "Pancho", baixo a acusación de ser axente da Central de Intelixencia dos Estados Unidos. Tamén o acusaron de traballar para a intelixencia cubana. As acusacións foron desmentidas despois.
Véxase tamén
Bibliografía
- Consuelo Hernández: Las historias prohibidas: Una aritmética del dolor vivísimo. Los otros Roques: La poética múltiple de Roque Dalton. Ed. Rafael Lara-Martínez and Dennis Seager. New Orleans: University Press of the South, 1999. p. 33-53.
Ligazóns externas