En 1934 publicou a súa obra seminal Guide to the birds, a primeira guía de campo moderna. Este libro tivo cinco edicións. Peterson editou ou escribiu moitos dos volumes da serie Peterson Field Guide sobre diversos temas, desde xeoloxía até escaravellos e réptiles. É famoso polas ilustracións das súas guías de campo e o claro resalte das marcas relevantes para a correcta identificación no campo. Tamén desenvolveu o chamado Peterson Identification System.
Peterson recibiu numerosos premios americanos polas súas contribucións en ciencia natural, ornitoloxía e conservación así como numerosas distincións, medallas honoríficas incluíndo a Medalla Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos.[1] Coescribiu Wild America xunto con James Fisher. Morreu en 1996 na súa casa de Old Lyme.
Neste século, ninguén fixo máis para promover o interese polas criaturas vivas que Roger Tory Peterson, o inventor da guía de campo moderna.
Peterson, R.T.; E. Chaliff. 1973. A Field Guide to Mexican Birds, Houghton Mifflin Co., Boston, Massachusetts.
Outras contribucións
Eric Hosking's Birds - Fifty Years of Photographing Wildlife Eric Hosking con Kevin MacDonnell, Pelham Books (1979) ISBN 0 7207 1163 0 (Foreword; acreditado como "Tory Peterson")