Rodolfo II de Borgoña,[1] nado en 880 e finado en 937, foi rei de Borgoña Transxurana (912 -937), rei da Borgoña Cisxurana con Provenza (934 -937) e rei de Italia (922 - 926).
Era fillo de Rodolfo I de Borgoña e membro da Antiga Casa de Welf. Casou con Berta de Suabia chamada A Fiadeira e tiveron dous fillos:
En 925, a nobreza italiana volveuse contra el e chamou a Hugo de Arles, conde de Arles e rexente da Borgoña Cisxurana con Provenza (onde era rei Lois III o Cego). En 926 este presentouse en Italia, desembarcando en Pisa e marchando a Pavia, onde foi coroado. Hugo fixo un acordo con Rodolfo e este retirouse a Borgoña, deixándolle o camiño libre. En 933, os nobres italianos pediron de novo a Rodolfo que fose a Italia para ser coroado. Hugo de Arles, que no 928 á morte de Lois, ignorara os dereitos do seu fillo, Carlos Constantino, ao que só deixara o condado de Viena, que seguramente pasou ao reino de Francia (arredor do 930), e chegara ao trono., renunciou ao resto de Borgoña Cisxurana (Lion) e Provenza en favor de Rodolfo II a cambio da renuncia deste ao reino de Italia. En 934 Rodolfo reunira os dous reinos, e o novo estado que xurdiu foi chamado reino das Dúas Borgoñas e despois do 937 (xa baixo o seu fillo e sucesor) como reino de Arles (pola capital).
Morreu en 937 e sucedeuno o seu fillo Conrado, Conrado III de Borgoña o Pacífico.