Robert Montgomery

Modelo:BiografíaRobert Montgomery

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
Beacon, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
President of SAG (en) Traducir
1946 – 1947
← George MurphyRonald Reagan →
President of SAG (en) Traducir
1935 – 1938
← Eddie CantorRalph Morgan (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónTrinity-Pawling School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, director teatral, actor, produtor, sindicalista, director de cinema, actor de teatro, actor de cinema, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata - 1960 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarlieutenant commander (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Bryan Allen Editar o valor en Wikidata
FillosElizabeth Montgomery Editar o valor en Wikidata
PaisHenry Montgomery Editar o valor en Wikidata  e Mary Weed Barney Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0599910 Allocine: 3262 Rottentomatoes: celebrity/robert_montgomery Allmovie: p103333 TCM: 134372 TV.com: people/robert-montgomery IBDB: 53470
BNE: XX1647002 WikiTree: Montgomery-3785 Find a Grave: 2958 Editar o valor en Wikidata

Henry Montgomery Jr., nado en Fishkill Landing (Nova York) o 21 de maio de 1904 e finado en Manhattan o 27 de setembro de 1981, foi un actor, director e produtor estadounidense,[1] coñecido como Robert Montgomery.

Traxectoria

Montgomery naceu nunha familia acomodada, fillo de Henry Montgomery e da súa esposa Mary Weed Montgomery (de solteira Barney).[2][3] Porén, en 1922 cando o seu pai se suicidou saltando desde o Brooklyn Bridge, perdérono todo.[4] Entón, mudouse a Nova York para tentar unha carreira como escritor e actor. Acabou conseguindo a súa primeira oportunidade en Hollywood en 1929[5] e xa non parou.

En 1935 foi electo presidente da Screen Actors Guild e volveu ser reelixido en 1946 e foi dúas veces candidato ao Óscar ao mellor actor, por Night Must Fall (1937) e Here Comes Mr. Jordan (1941). Durante a segunda guerra mundial ingresou na mariña.

En 1945 retornou ao cinema, estreándose como diretor no filme They Were Expendable ao substituír a John Ford cando este tivo que se ausentar da dirección por motivos de saúde. O primeiro filme no que apareceu nos créditos como director foi en 1947, Lady in the Lake.

En 1953 gañou o Emmy polo programa Robert Montgomery Presents e en 1955 o Tony ao mellor director pola obra de Broadway The Desperate Hours.[6] En 1968 escribiu o libro An Open Letter from a Television Viewer.

En 1954, Montgomery asumiu un posto non pagado como conselleiro e coach do presidente Dwight D. Eisenhower, aconsellándoo como mostrarse ben nas súas aparicións na televisión.[7] Pioneiro como conselleiro para os medios de comunicación, tivo un despacho na Casa Branca dende ese ano.[8]

Montgomery morreu de cancro aos 77 anos na cidade de Nova York.[9]

Vida persoal

O 14 de abril de 1928,[10] Montgomery casou coa actriz Elizabeth Bryan Allen (1904-1992), irmá de Martha-Bryan Allen.[2][11] A parella tivo tres fillos, Martha Bryan (finada en 1931 aos 14 meses de idade), a actriz Elizabeth (1933–1995) e Robert Jr. (1936–2000). Divorciáronse o 5 de decembro de 1950. Igual que o seu pai, Elizabeth e Robert Jr. tamén morreron de cancro.[12]

A súa segunda esposa foi Elizabeth "Buffy" Grant Harkness (1909–2003), coa que casou o 9 de decembro de 1950, catro días despois de formalizarse o seu divorcio de Allen.[13]

Filmografía

Ano Título Personaxe Notas
1929 Single Standard, TheThe Single Standard Extra Sen acreditar
1929 Three Live Ghosts William Foster
1929 So This Is College Biff
1929 Untamed Andy McAllister
1929 Their Own Desire John Douglas Cheever
1930 Free and Easy Larry
1930 Divorcee, TheThe Divorcee Don
1930 Big House, TheThe Big House Kent Marlowe
1930 Sins of the Children, TheThe Sins of the Children Nick Higginson
1930 Our Blushing Brides Tony Jardine
1930 Love in the Rough Jack Kelly
1930 War Nurse Tte. Wally O'Brien
1931 Inspiration André Montell
1931 Easiest Way, TheThe Easiest Way Jack "Johnny" Madison
1931 Strangers May Kiss Steve
1931 Shipmates John Paul Jones
1931 Man in Possession, TheThe Man in Possession Raymond Dabney
1931 Private Lives Elyot Chase
1932 Lovers Courageous Willie Smith
1932 But the Flesh Is Weak Max Clement
1932 Letty Lynton Hale Darrow
1932 Blondie of the Follies Larry Belmont
1932 Faithless William "Bill" Wade
1933 Hell Below Lieut. Thomas Knowlton, USN
1933 Made on Broadway Jeff Bidwell
1933 When Ladies Meet Jimmie Lee
1933 Another Language Victor Hallam
1933 Night Flight Auguste Pellerin
1934 This Side of Heaven Actor on screen in theatre Cameo sen acreditar: clip de Another Language (1933)
1934 Fugitive Lovers Paul Porter, aka Stephen Blaine
1934 The Mystery of Mr. X Nicholas Revel
1934 Riptide Tommie Trent
1934 Hide-Out Jonathan "Lucky" Wilson
1934 Forsaking All Others Dillon "Dill"/"Dilly" Todd
1935 Biography of a Bachelor Girl Richard "Dickie" Kurt
1935 Vanessa: Her Love Story Benjamin Herries
1935 No More Ladies Sheridan Warren
1936 Petticoat Fever Dascom Dinsmore
1936 Trouble for Two Prince Florizel Título alternativo: The Suicide Club
1936 Piccadilly Jim James "Piccadilly Jim" Crocker Jr.
1937 Last of Mrs. Cheyney, TheThe Last of Mrs. Cheyney Lord Arthur Dilling
1937 Night Must Fall Danny Candidato ao Óscar ao mellor actor
1937 Ever Since Eve Freddie Matthews
1937 Live, Love and Learn Bob Graham
1938 The First Hundred Years David Conway
1938 Yellow Jack John O'Hara
1938 Three Loves Has Nancy Malcolm "Mal" Niles
1939 Fast and Loose Joel Sloane
1940 Earl of Chicago, TheThe Earl of Chicago Robert Kilmount
1940 Busman's Honeymoon Lord Peter Wimsey Título alternativo: Haunted Honeymoon
1941 Mr. & Mrs. Smith David Smith
1941 Rage in Heaven Philip Monrell
1941 Here Comes Mr. Jordan Joe Pendleton Candidato ao Óscar ao mellor actor
1941 Unfinished Business Tommy Duncan
1945 They Were Expendable Tte. John Brickley Tamén director durante a doenza de John Ford (sen acreditar)
1947 Lady in the Lake Phillip Marlowe Tamén director
1947 Ride the Pink Horse Lucky Gagin Tamén director
1948 Saxon Charm, TheThe Saxon Charm Matt Saxon
1948 June Bride Carey Jackson
1949 Poet's Pub Dancer Sen acreditar
1949 Once More, My Darling Collier "Collie" Laing Tamén director
1950 A testemuña Adam Heyward Tamén director
1960 Gallant Hours, TheThe Gallant Hours Narrator Tamén director

Notas

  1. Bird, David (28 de setembro de 1981). "Robert Montgomery, Actor, Dies at 77". The New York Times. Nova York: New York Times Company. Consultado o 2 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Lee, R.E. "Robert Montgomery Biography". The Earl of Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2014. 
  3. "Elizabeth Montgomery's Family Tree" Arquivado 2016-03-03 en Wayback Machine., Bewitched.net; consultado o 4 de agosto de 2010.
  4. "3 DROWN IN HUDSON, 4 AT ROCKAWAYS; Boy Loses His Life Trying to Rescue Crippled Companion. GIRL ATTEMPTS SUICIDE Swims for Shore After Jump From Ferryboat and is Picked Up Exhausted. Undertow Heavy at Rockaways. Girl Leaps Off Ferryboat.". The New York Times. Nova York: New York Times Company. 3 de xullo de 1922. 
  5. "Garbo's Lover in 'Inspiration' Was Lucky Role for Montgomery". The Milwaukee Journal (Milwaukee, Wisconsin: Gannett Company). 22 de marzo de 1945. p. 1. 
  6. "Robert Montgomery Tony Awards Info". Wisdom Digital Media. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  7. "Behind the Scenes: Robert Montgomery". The New York Times. Nova York: New York Times Company. 1 de marzo de 1956. 
  8. Brownell, Kathryn Cramer (2014). Showbiz Politics: Hollywood in American Political Life. Chapel Hill, North Carolina: University of North Carolina Press. p. 141. ISBN 978-1469617923. 
  9. "Robert Montgomery, actor-producer, dies". The Galveston Daily News (Galveston, Texas: Southern Newspapers Inc.). United Press International. 28 de setembro de 1981. p. 6. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2017 – vía Newspapers.com.  open access
  10. New York, New York, Marriage Index 1866-1937
  11. "Elizabeth Allen a Bride". The New York Times (Nova York: New York Times Company). 15 de abril de 1928. p. 27. 
  12. Pilato, Herbie J. (2012). Twitch Upon a Star: The Bewitched Life and Career of Elizabeth Montgomery. Lanham, Maryland: Rowman & Littlefield. p. XV. ISBN 978-1-58979-749-9. 
  13. "R. Montgomery Marries". The New York Times (Nova York: New York Times Company). 12 de decembro de 1950. p. 47. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Wise, James. Stars in Blue: Movie Actors in America's Sea Services. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1997. ISBN 1-55750-937-9

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!