Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Richard Lefebvre des Noëttes

Modelo:BiografíaRichard Lefebvre des Noëttes
Biografía
Nacemento25 de maio de 1856 Editar o valor en Wikidata
Segundo Imperio Francés, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1936 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Bièvres, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 43
Grave of Lefebvre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, oficial Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcomandante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
Premios


Richard Lefebvre des Noëttes, nado en 1856 e finado en Bièvres en 1936, foi un oficial francés e historiador da técnica.

Traxectoria

En 1924 o comandante Lefebvre de Noëttes publicou unha obra que marcou un fito, La Force animale à travers les âges (París, Berger-Levrault), na cal resolvía un problema particular, o do tiro animal e o cabalo de sela, que puña en relación cunha das grandes viraxes da historia, a desaparición do escravismo antigo.

Por discutíbeis que poidan ser, posteriormente, as ideas do comandante Lefèbvre des Noëttes, abriu unha nova vía, para perspectivas e explicacións inéditas [1].

Se o feito mesmo non é hoxe posto en dúbida, non é menos verdadeiro que ao ligar o tipo de atalaxe e a desaparición do escravismo, Lefèbvre des Noëttes comprendeu que existía unha relación entre o sistema técnico e o sistema social.[2]

Ao basear, fundamentalmente, o seu estudo da atalaxe sobre documentación iconográfica, contribuíu a darlle á historia da técnica un interese certo. Se ben os estudos temáticos sobre técnicas concretas xa foran realizados a través da arte (muíño místico, lagar místico), Lefebvre des Noëttes abriu camiño a investigacións análogas, tales como a construción de edificios[2].

Logo da aparición do libro do comandante Lefebvre, houbo numerosas discusións sobre as orixes e a data do atalaxe moderno, que descansa esencialmente sobre a colleira de clavícula, sobre o varal e sobre a disposición dos animais en fila. O conxunto das novidades constituíu un progreso sobre a atalaxe antiga, que sufocaba o animal de tiro. Lefebvre des Noëttes indica a súa aparición no século XI e o seu rápido desenvolvemento no século XII[2].

Obras publicadas

Libros

  • L'attelage et le cheval de selle à travers les ages: contribution à l'histoire de l'esclavage. París. 1931 (revisión da publicación de 1924).
  • De la marine antique à la marine moderne: la révolution du gouvernail: contribution à l'histoire de l'esclavage. París. 1935.

Artigos

  • La force motrice animale et le rôle des inventions techniques, in "Revue de synthèse historique", XLIII, 1927, p. 83-91.
  • La nuit du moyen age et son inventaire, in "Mercure de France", CCXXXV, 1932, pp. 572–579.

Galería de imaxes

Notas

  1. Bertrand Gille, Histoire des techniques.
  2. 2,0 2,1 2,2 Gille

Véxase tamén

Bibliografía

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya