Regreso ó futuro II (en inglés: Back to the Future Part II) é un filme estadounidense dirixido por Robert Zemeckis que se estreou en 1989. Segunda parte da triloxía precedida por Back to the Future e seguida en Back to the Future Part III.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 3 de maio de 1999.[4]
Sinopse
Aínda que a Marty McFly aínda lle falte tempo para asimilar o feito de estar vivindo dentro da familia perfecta grazas á súa anterior viaxe no tempo, o seu amigo Doc aparece de improviso co DeLorean máquina do tempo (moito máis modernizado), e insta a que o acompañen el e súa moza Jennifer a viaxar ó futuro para solucionar un problema coa lei que terá un dos seus futuros fillos. No tremendo vórtice futurista do Hill Valley de 2015, a presenza de tales viaxeiros temporais causará un efecto maior que o que ían arranxar. Un almanaque deportivo e a posesión do segredo da existencia da máquina do tempo por parte do sempre vilán Biff Tannen, serán os ingredientes que conxugarán unha causa-efecto no pasado, no presente e no propio futuro, que fará que Marty e Doc se teñan que empregar a fondo para poñer fin ás catástrofes.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1989: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas