Ramón Villar Edreira

Modelo:BiografíaRamón Villar Edreira
Biografía
Nacemento26 de maio de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Visantoña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Santiso
1979 – 2007
← Avelino López López Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Ramón Villar Edreira, nado en Visantoña (Santiso) o 26 de maio de 1939, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Santiso, a única que se presentou aos comicios, e foi elixido alcalde.[1] Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas eleccións municipais de 1983 como independente. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde grazas ao apio do CIS. Nas municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde con sucesivas maiorías absolutas ata as municipais de 2007[2] cando, a pesar de ser o partido máis votado, tivo que ceder a alcaldía ao candidato do CIS Ovidio Leiva Pereiro.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 1-4-1979, 38.
  2. "«A campaña do alcalde dura os catro anos de mandato»", La Voz de Galicia, Santiago, 17-6-2006, L12.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Predecesor:
Avelino López López

Alcalde de Santiso

1979 - 2007
Sucesor:
Ovidio Leiva Pereiro

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!