Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi nomeado mestre interino de Melide en agosto de 1936.[1]
Trasladouse á escola de Sésamo (Culleredo) en 1943.[2] Despois foi mestre de Eidián (Agolada) ata que foi trasladado á Ponte Arcediago en 1952.[3] En 1952 foi nomeado alcalde de Santiso. Continuou no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Serantes o 24 de agosto de 1988.[4]
Vida persoal
Casou en 1935 con María Rocío Mejuto Varela, filla de Ramón Mejuto Méndez,[5] e foi pai de Ramón, José Luis, Gonzalo, Antonio, Manuel e Miguel López Mejuto.