O río Dviná Occidental ou Daugava (ruso: Зáпадная Двинá, letón: Daugava, Západnaya Dviná; en bielorruso, Zajódniaya Dzviná) é un río do nordés de Europa, que nace na meseta de Valdái, no noroeste de Rusia e desemboca no golfo de Riga preto da cidade de Riga, capital de Letonia.[1]
O río Daugava nace na meseta de Valdái, na rexión rusa de Andreápol, no óblast de Tver. Discorre no seu primeiro tramo en dirección sur e, tras atravesar o óblast de Tver, segue polo bordo noroccidental do óblast de Smolensk. Alí cambia de dirección cara ao oeste e entra tamén na parte norte de Belarús, onde baña as cidades de Vítebsk e Pólatsk. Penétrase en Letonia en dirección preferentemente noroeste e, tras cruzar as cidades de Daugavpils e Riga, desauga no golfo de Riga, no mar Báltico.[2]
Está conectado por unha canle ao río Bereziná e desde aí co río Dniéper.
En condicións atmosféricas normais, o Daugava, que ten unha lonxitude de 1.020 km, ten unha profundidade máxima duns 12 m; con todo, coas crecidas que teñen lugar durante a primavera, chega a alcanzar unha profundidade de até 17 metros. Debido aos rápidos e á pouca profundidade do seu leito, úsase principalmente para o transporte de troncos. Ademais construíronse estacións hidroeléctricas ao leste de Riga. O Daugava permanece xeado desde decembro até abril.[3]
Os principais afluentes deste río son:[4]