Ría de Ferrol

Modelo:Xeografía físicaRía de Ferrol
Imaxe
Tiporía Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°28′N 8°13′O / 43.47, -8.22
Afluentes

A ría de Ferrol tamén chamada ría de Xuvia ou enseada da Gándara é unha das rías galegas situada nas Rías Altas, no Golfo Ártabro. É navegable ata a Ponte das Pías. Pequenas embarcacións marisqueiras ata a ponte do F.C. (en marea alta). baña os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos e Ares

Historia

Mapa de 1589 (o norte está abaixo).
Na parte esquerda está o Porto de Santander.
A dereita: Rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña.

Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da Alta Idade Media, todos eles vencellados ao comercio e ás actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da Baixa Idade Media.

Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ría como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións. A chegada dos Borbóns á Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo localizar na ría ferrolá o Arsenal del Norte, por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista táctico e defensivo.

O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o século XIX tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do Arsenal e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o lugar anexo ó Arsenal cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de 1856, a partir dos cales se realizou un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.

PLANO DEL PAIS
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán

O 24 de agosto de 1910 creouse, por Real Decreto, a Xunta de Obras do Porto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís. No ano 1918 redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en 1944, cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata 1960, apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios ó Porto e ó Arsenal.

Entre 1949 e 1959 construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria). En 1968, no contexto da especialización de Astano na construción de super-petroleiros, tivo lugar a inauguración da Ponte das Pías, tamén denominada como A Ponte do Caudillo, título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa co estaleiro Astano.

A ría de Ferrol vista desde Mugardos.

A partir de 1984 iníciase a última fase de expansión para obter maiores calados, máis lonxitude dos atraques e superficies de depósitos máis grandes. Constrúense o Novo Peirao, con 14 metros de calado, base para desenvolvementos posteriores.

Na derradeira década do século XX amplíase polo sur o "Peirao Fernández Ladreda" para calados de ata 12,5 metros, constrúese o peirao que pecha polo norte e créase o acceso ó peirao por autovía.

En 1995 comezouse cos primeiros estudos para a construción dun peirao na entrada da ria, obras que comezaron no ano 2001. Os peiraos actuais compleméntanse cos anteriores facendo do Porto de Ferrol o mellor dotado do noroeste peninsular tanto en liñas de atraque e calados como en superficies.

Explotación da ría

Piscifactoría e bateas de marisco na entrada da ría de Ferrol.

Existen referencias da construción naval en 1344 en Neda dun buque armado. En 1726 Filipe V, nunha Real Orde, funda o arsenal da Graña. Cinco anos despois alí constrúese o buque Galicia de 70 canóns[1]. Ademais dos usos como porto natural protexido na ría hai estaleiros e infraestruturas navais civís e militares. Existe unha planta de gas en Mugardos, REGANOSA, propiedade do grupo Tojeiro que ten máis instalacións xunto a ela como un porto para produtos químicos e forestais. Na entrada da ría de Ferrol hai unha piscifactoría e bateas para o cultivo de moluscos. O uso da ría para actividades de lecer inclúe escolas de vela, remo e piragüismo en varios concellos.

A presión demográfica, na zona da ría de Ferrol a poboación é de máis de 200.000 persoas, supuxo unha degradación ambiental xa que non existían infraestruturas de saneamento de augas residuais. Nos últimos anos construíronse dúas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR), unha para a banda dereita da ría: Ferrol, Narón e Neda -EDAR de Cabo Prioriño- e outra para os concellos de Fene, Mugardos e Ares en Punta Avarenta.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!