A Alta Idade Media destaca pola invasión dos pobos xermánicos e o establecemento paulatino dun novo modelo social, o feudalismo. Caracterízase tamén pola barbarie dos pobos invasores, que se foi calmando segundo se foron asentando, pasando de guerreiros a terratenentes, e de pagáns a cristiáns. O sistema feudal desenvólvese ao non ter o rei unha grande autoridade sobre os seus plutócratas, ó estilo xermánico, e considérase implantado en toda Europa Occidental unha vez se produce a conquista normanda de Inglaterra.