Os pípidos (Pipidae) son unha familia de anfibios anuros primitivos que carecen de lingua. As 30 especies desta familia encóntranse na Suramérica tropical (o xénero Pipa) e na África subsahariana (outros catro xéneros).
Estes anfibios son exclusivamente acuáticos e teñen numerosas modificacións para adaptarse ao seu hábitat. Por exemplo, os pés teñen membranas interdixitais completas, o corpo é aplanado, e presentan sistema da liña lateral.[1] Ademais, os pípidos posúen oídos moi modificados para recibir sons baixo a auga. Carecen de lingua ou de cordas vocais, mais teñen barras óseas na larinxe coas que poden emitir sons. En tamaño van desde os 4 aos 19 cm de lonxitude, segundo a especie.[2]
O rexistro fósil dos pípidos é relativamente bo, xa que se coñecen 12 especies extintas. Seis delas están situadas no xénero que aínda existe hoxe Xenopus, e as restantes en xéneros extintos. Estes fósiles atopáronse en África, Suramérica, e en Oriente Próximo e datan desde o cretáceo inferior.[2]
Gissi, Carmela; Diego San Mauro; Graziano Pesole; Rafael Zardoya (February 2006). "Mitochondrial phylogeny of Anura (Amphibia): A case study of congruent phylogenetic reconstruction using amino acid and nucleotide characters". Gene366 (2): 228–237. PMID16307849. doi:10.1016/j.gene.2005.07.034.