A liña lateral é un órgano sensorial dos peixes que serve para detectar o movemento e as vibracións na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas presas (e a estas, a fuxir daqueles).[1]
As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do opérculo (estrutura que cobre as branquias) até a base da cola.
Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como electrorreceptores, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os tiburóns usen tamén as liñas laterais para detectaren campos magnéticos.
Por outra parte, a maioría das larvas e algúns adultos de anfibios que permanecen continuamente na auga tamén posúen este órgano, mentres que algúns crustáceos e cefalópodos teñen órganos similares.[2]
Galería de imáxes
Algunhas escamas da liña lateral do rutilo (Rutilus rutilus)
As pequenas depresións na cabeza deste lucio conteñe células do sistema da liña lateral.
Liña lateral visíbel en Scorpis violacea
Xenopus laevis co órgano da liña lateral visíbel como liñas oblongas brancas.
Liña lateral dun rapante (Lepidorhombus whiffiagonis)
Notas
↑Coombs, S.; Braun, C. B., & Donovan, B. (2001): "The orienting response of Lake Michigan mottled sculpin is mediated by canal neuromasts". Journal of Experimental Biology, 204 (2): 337-348.
↑Budelmann, Bernd U.; Bleckmann, Horst (1988). "A lateral line analogue in cephalopods: Water waves generate microphonic potentials in the epidermal head lines of Sepia and Lolliguncula". Journal of Comparative Physiology A164 (1): 1–5. PMID3236259. doi:10.1007/BF00612711.
Referencias bibliográficas
Popper, A. N. e C. Platt (1993): "Inner ear and lateral line of bony fishes" in David H. Evans (ed.) The Physiology of Fishes 1ª ed. CRC Press ISBN 978-0-8493-8042-6.
Schellart, Nico A. M. e René J. Wubbels (1998): "The Auditory and Mechanosensory Lateral Line System" in David H. Evans (ed.) The Physiology of Fishes, 2ª ed. CRC Press. ISBN 978-0-8493-8427-1. [1]