Punto (puntuación)

.
Punto
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

O punto (.) é o signo de puntuación que se coloca ao final dos enunciados e as oracións gramaticais en galego ademais de na maioría das linguas co alfabeto latino. Escríbese sen deixar espazo de separación co carácter que precede pero deixando un espazo co carácter que segue a non ser que dito carácter sexa de peche.

Historia

O punto deriva do sistema de puntuación inventado por Aristófanes de Bizancio, no que aparecían o punto superior, o punto medio e un punto á altura da liña (.) chamado "telia" (do grego τέλος "telos: final").[1]

Usos ortográficos

O punto úsase para indicar unha pausa ou final de texto, podendo existir tres posibilidades, punto e seguido, o punto e á parte e o punto final.

  • Punto e seguido, separa enunciados dentro dun parágrafo. Quere dicir que se continúa escribindo a continuación do punto, a primeira palabra escrita neste caso irá en maiúsculas, agás no caso das abreviaturas. Por exemplo:
5. Historia de Galiza. Os Irmandiños
  • Punto e á parte, separa dous parágrafos con contido diferente dentro do texto. A continuación hai que comezar a escribir en liña distinta. Para segui-las normas débese de "sangrar" a primeira liña de texto do novo parágrafo.
  • Punto final, sempre se coloca ao final pechando un texto.

Outros usos

  • Ademais do uso descrito tamén serve para indicar que unha palabra é unha abreviatura, como por exemplo Sr., Sra., Excmo., son distintas abreviaturas que non indican o final da oración, senón que a palabra está abreviada.
  • O punto acostumaba usarse para indicar os millares, separando os díxitos (cifras ou algarismos) en grupos de tres, comezando pola dereita. Por exemplo: 15.482.623 (quince millóns catrocentos oitenta e dous mil seiscentos vinte e tres). Actualmente recoméndase empregar no seu lugar un espazo: 15 482 623.[2]
  • O uso do punto para separar a parte enteira da decimal nun número é propio do sistema de anotación anglosaxón, non do latino. Para esta función, en galego utilízase a coma.
  • Úsase punto para separar fraccións de horas: 15.25.[3]
  • Pódese empregar para numerar liñas, só (1. ) ou en combinación con raia (1.– ).
  • Pode usarse como signo equivalente ao x para indicar multiplicación (produto). Neste caso, sendo a e b dous números, a súa multiplicación pode representarse de dous xeitos: a·b (con punto medio; é moito máis raro co punto baixo: a . b) ou a x b
  • Non debe usarse para os símbolos das unidades porque non son abreviaturas senón símbolos. Por tanto, cinco metros porase 5 m e dez quilogramos indicarase con 5 kg (Véxase Sistema Internacional de Unidades).

O punto e outros signos

En múltiplas ocasións adóitase empregar o punto xunto a outros signos que tamén son considerados de peche, como poden ser as parénteses, as comiñas etc., o punto sempre hai que colocalo detrás do signo.

Tamén se pode dar o caso de que se combinen ó mesmo tempo o punto coa comiña ("", «», ‹›) e cos signos de exclamación (¡!) e interrogación (¿?) prevalecendo o último signo anterior ao punto, caso de ser comiñas colócase punto, caso de que sexa a exclamación ou interrogación o último signo anterior ao punto non se coloca.

Notas

  1. Daniels, W.: 1994, De geschiedenis van de komma, SDu Uitgeverij: Den Haag, p. 20.
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4. 
  3. Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!